sábado, 4 de diciembre de 2010

O BNG FICHA A XUSTO MÁRTINEZ ARDÁ PARA AS MUNICIPAIS DE MAIO

O BNG de Fene ratificou na súa asemblea local a elección do independente Xusto Martínez Ardá como número 5 da candidatura nacionalista. Ardá xunto co candidato Juventino Trigo veñen a reforzar, máis se cadra, a liña de saída dos nacionalistas de cara as vindeiras eleccións municipais. Logo da aceptación unánime da asemblea local do cabeza de lista, agora os nacionalistas pretenden conformar a candidatura coas mellores persoas de dentro e de fora da organización.

Nun esforzo por ampliar a base social nacionalista chega esta nova incorporación. Xusto Martínez Ardá é natural de Fene de 33 anos de idade é diplomado en maxisterio, deliniante e arquitecto técnico, profesión que actualmente desenvolve como profesional liberal. Máis a súa faciana máis coñecida é a social, fundador e directivo da sociedade As Píntegas que conta cun equipo de fútbol sala e outro de chave, tamén é xogador da SD Barallobre de fútbol e tamén formou parte das últimas comisións de festas de Fene. Xusto Martinez Ardá conxuga valores sociais e profesionais que fixeron que o BNG se fixase nel para situalo nos postos de saída da candidatura nacionalista.

O novo equipo nacionalista xa vai tomando corpo, co cabeza de lista definido, e o actual grupo municipal, coa excepción de Manuel Pico, e esta nova incorporación o BNG mestura novas caras con concelleiros e concelleiras con experiencia política. A responsábel local Ana Isabel Santiago e o responsábel de política municipal Andrés González “Chicho” ámbolos dous históricos militantes nacionalistas están a por toda a súa experiencia para ter ás mellores persoas que xunto cun novo proxecto ilusionen ao pobo de Fene tal e como ten no seu haber o BNG de Fene.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario