O presidente de Adif Antonio González comprometeuse ante o alcalde de Fene a asinar o documento cos prazos da obra no vindeiro mes de febreiro
As obras para a construcción do peche da vía férrea ao seu paso por Fene e a instalación dos pasos elevados licitaranse no primeiro trimestre do ano
O alcalde de Fene Iván Puentes reuníuse esta mañá co presidente de Adif Antonio González (entidade que xestiona as infraestructuras ferroviarias e que pertence ao Ministerio de Fomento) coa intención de concretar os extremos da actuación prevista en Fene para a renovación do peche da via do tren ao seu paso pola zona urbana de Perlío e os pasos inferior na estación de Perlío e o paso elevado na zona do cruceiro.
Nesta xuntanza concretáronse prazos, tal que, a partir de febreiro licitarase o peche e a construcción dos pasos elevados. Hai uns días os técnicos de adif e o propio Concello de Fene reuníronse coa intención de rematar canto antes os proxectos respectivos desta actuación e deste xeito, continuar co procedemento de adxudicar xa as obras.
Dende o inicio do actual mandato, o alcalde Iván Puentes marcouse como prioritaria a realización desta obra, unha das actuacións máis demandadas polas veciñas e os veciños de Fene. Dende a chegada á alcaldía, Puentes xa mantivo numerosas reunións, que tiveron o seu cumio coa visita do ministro de Fomento José Blanco a pasada primavera a Fene.
Nesta visita, o ministro comprometeuse á financiación das obras e, polo tanto, asinou un convenio mediante o cal o Ministerio de Fomento asume a construcción destes pasos e a renovación de todo o peche perímetral da vía co fin de reducir o seu impacto e aumentar a integración da vía férrea no centro urbán de Fene e darlle, deste xeito, máis seguridade ás veciñas e os veciños que transitan a diario entres estas zonas.
Co comezo desta obra nos tres primeiros meses do ano, o Goberno de Fene e o Ministerio de Fomento cumplen coa súa palabra e despois de décadas de reivindicación veciñal xa podemos dicir que están en marcha o proceso polo cal Perlío contará con pasos de peóns no camiño de ferro.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario