viernes, 29 de octubre de 2010

Fene contará cun dispositivo para mellorar o servizo con motivo do día de defuntos.

O Concello de Fene pon en marcha un servizo de transporte de autobús ao cemiterio municipal así como un horario especial para as veciñas e os veciños que queiran visitar o campo santo nestas datas. O luns día 1 de novembro (día de Todos Os Santos) o cemiterio municipal abrirá as súas portas de 8 da mañá a 22.00 horas da noite. Ademáis na capela sita no recinto do propio cemiterio celebrarase unha misa ás 17.00 horas. O día 2 de novembro (día de difuntos) o cemiterio municipal abrirá as súas portas de 10 da mañá a 13 horas e de 15.00 horas a 19.00 horas.

En canto o servizo de transporte ao Cemiterio Municipal realizarase conforme ás seguintes datas:
  • Día 31 de outubro haberá horario de tarde; o 1 de novembro contarase con horario de mañá e de tarde; o luns día 2 realizarase o servizo en horario de tarde.
  • O servizo de transporte en horario de maña terá a súa saída ás 10:00 do Cuartel da Garda Civil, facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 12:00 h.
  • O servizo de transporte en horario de tarde terá a súa saída ás 16:00 h do Cuartel da Garda Civil, facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 18.00 horas.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario