viernes, 29 de octubre de 2010

Comezan as obras de remodelación da rúa da Pomba de Barallobre

O Concello de Fene informa que a semana que ven comezarán as obras de remodelación da rúa da Pomba na parroquia de Barallobre. Este vial atopábase moi mal e necesitaba unha actuación urxente. Esta estrada é competencia da Deputación Provincial. O Concelleiro de Obras e Servizos José Antonio López informa que a Deputación comprometeuse a comezar a obra a semana que ven. A actuación obrigará a cortar o tráfico rodado neste vial. A obra consistirá na colocación de rexas transversais para a recollida de pluviais. Tamén se colocará aglomerado frio ou cemento para rebachear e adecentar firme e logo unha extendedora expandirá o aglomerado asfáltico. A obra comezará a vindeira semana, segundo confirma o edil de obras. Esta é unha das grandes demandas das veciñas/os da parroquia de Barallobre dada a situación do vial nos últimos tempos.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario