viernes, 17 de septiembre de 2010

Reanúdanse as obras das beirarruas de Barallobre

O concelleiro de Obras José Antonio López informa que “oficialmente” xa comezaron as obras de instalación das beirarrúas de Barallobre

O Concello espera que nos próximos días a Deputación asine o plan de seguridade incorporado a esta actuación

O edil de obras espera que nos vindeiros meses a Deputación Provincial poida xa rematar esta obra, que sufriu moitos paróns por distintos problemas coa empresa constructora e de carácter administrativo

A concelleria de Obras e Servizos de Fene que dirixe José Antonio López informa do comezo das obras nas beirarruas de Barallobre. “Xa se asinou o comezo da obra por parte da empresa encargada e dende o Concello esperamos que as máquinas comencen o seu traballo nos vindeiros días” apunta o edil de Obras. José Antonio López engade que o proceso administrativo na Deputación tivo un parón debido a distintos problemas coas empresas encargadas. O edil fenés apunta que o pleno da Corporación de Fene aprobou o novo proxecto en xuño. Posteriormente o tema pasou á Deputación onde se realizou o procedemento por “via de urxencia”. A primeira empresa adxudicataria fixo unha “baixa temeraria” e dende a institución provincial solicitoulles que avalaran a obra ao 100%. A empresa retirouse. De novo dende a Deputación Provincial iniciouse o proceso e a nova empresa tamén fixo unha “baixa temeraria”. De novo a Deputación solicitou o aval do 100% da obra e neste caso a empresa avalou. Con esta dilatación do proceso colocámonos no mes de agosto. Tendo en conta que a efectos administrativos o mes de agosto é especial, agora no mes de setembro finalmente se asina o comezo da obra. Soamente falta a firma do plan de seguridade para que as máquinas comencen a funcionar.

Dende o Concello esperan que a Deputación firme urxentemente este plan para así comezar unha obra moi demandada e que sufriu moitos retrasos por distintos motivos. O Goberno de Fene quere destacar o esforzó que dende o mes de xuño faise para que comencen xa as obras pero tamén quere resaltar todos os atrancos administrativos que xurdiron nos últimos meses, moitos destes atrancos alleos ao propio Concello.

.

1 comentario:

  1. Onte o PP saca unha nota sobre este asunto e hoxe xa contesta o Psoe. Goberno a golpe de prensa. ¡Por Deus, que chegue maio rapidiño!

    ResponderEliminar