Os valores que se recadarán son os de notificación colectiva e cobro periódico anual (recibos) dos seguintes conceptos:
- Imposto sobre bens inmóbeis
- Imposto sobre actividades económicas
- Taxa por recollida de lixo
- Taxa por entrada de vehículos
- Taxa por servizo de cemiterio
O pago poderá realizarse en xaneliña de calquera das oficinas das entidades financeiras colaboradoras que se indican de seguido, ou tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade financeira colaboradora elixida dispón deses servizos).
As entidades financeiras colaboradoras do Servizo de Recadación son as seguintes:
BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, BANCO PASTOR, BANCO POPULAR ESPAÑOL, BANCO SANTANDER, BANESTO, CAJA DE AHORROS DE BARCELONA, BANCO ETCHEVERRÍA, CAIXA GALICIA, BANCO GALLEGO, CAIXANOVA
As entidades financeiras colaboradoras non poderán estabelecer restricións nos días e horario de pago en xaneliña, debendo aceptalo sempre e cando se lle solicite no seu horario normal de caixa.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario