Reformáronse e rehabilitáronse as áreas infantís dos colexios de A Xunqueira, Sillobre, Magalofes, Os Casais, Curros Enriquez, Souto Vello e O Ramo.
A ampliación e colocación de caucho continúo no chan, así como a reparación e a adaptación de mecanismos dos aparellos infantís.
Búscase adaptar estes pequenos parques infantís á nova normativa que regula estes espazos públicos.
A Concellería de Medio Ambiente que dirixe Amalia García informa da reforma, mellora e rehabilitación de 7 áreas infantís de centros de ensino do Concello de Fene. Falamos das areas do colexio A Xunqueira de San Valentín, escola de Sillobre, escola de O Pedrón en Magalofes, Os Casais e Curros Enriquez de Maniños e as zonas infantís do Souto Vello e de O Ramo en Barallobre. A actuación consistiu na ampliación e colocación de caucho continuo no chán das areas, sustituindo este material polas típicas “losetas”, reparación de elementos novos e adaptación de mecanismos dos aparellos infantís. Con esta rehabilitación consíguese a funcionalidade e a operatividade destas zonas infantís ligadas aos centros de ensino. Búscase adaptar estes “pequenos parques infantís” á nova normativa, afirma a edil do departamento Amalia García.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario