Os nacionalistas de Fene queren que o goberno en minoría do socialista Ivan Puentes abra un debate sobre os usos que se lle poden dar á casa situada no parque Castelao, antiga casa de Cela. Desde o BNG queremos lembrar que no orzamento do 2007 existía unha partida para rematar a obra e que o Alcalde en vez de rematala preferiu denunciar ao anterior rexedor nacionalista. O resultado desta manobra de Puentes deu como resultado un edificio abandonado e en malas condicións nas que se destragaron unidades de obra da primeira fase como as fiestras. O pobo de Fene perdeu a oportunidade de usar este edificio xa que pasaron tres anos desde que se puideron ter iniciado as obras. Agora vemos con preocupación como o goberno local practica a política de feitos consumados dándolle uns usos á casa sen informar a ninguén e sen explicar a que necesidades responden. A casa está situada no centro de Fene e conta cunha ampla zona verde na que se actuou con varias escolas obradoiro e co Plan de dinamización turística Ferrol Ortegal para deseñar a Galaxia Imaxinaria.
No caso de que non se trate especificamente o tema nunha comisión informativa o BNG presentará unha moción ao Pleno ordinario de outubro.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario