martes, 11 de mayo de 2010

LA A. VV. DE SANTA EULALIA DE LIMODRE, CELEBRA O PROXIMO DIA 28 AS LETRAS GALEGAS



A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Limodre celebrará o próximo día 28 de maio o Día dás Letras Galegas, que este ano está dedicado a UXÍO NOVONEYRA

Pero a asociación quere renderlle unha homenaxe tamén neste día ao veciño da localidade Nicolás Vidal López, gañador do XXII Premio Ánxel Fole, coa obra « PURIFICACIÓN DE CORA Y MÁS-VILLAFUERTE, DA PRENSA DE PARTIDO AO XORNALISMO COMO EMPRESA » Historia no que se achega á traxectoria do fundador do diario El Progreso de Lugo entre os anos 1908 a 1940.

Nicolás Vidal López

Nicolás Vidal, na actualidade é xornalista do Diario de Ferrol, onde dirixe o seu suplemento cultural, é fillo de Felipe Vidal e Mª. Rosa López nativos de Limodre.

OS ACTOS PROGRAMADOS SON OS SEGUINTES:

Ás 20:30 horas o xornalista local Nicolás Vidal e a poetista Eva Veiga, presentarán a vida e obra de Uxío Novoneyra.

A continuación ás raparigas do grupo de teatro infantil dá propia asociación, farán un recital de poesías.

Para finalizar os actos nada mais e nada menos que actuación dá cantante ferrolana
MARÍA MANUELA

Escoite aquí a María Manuela co tema «Chamachesme moreniña»



A o remate pinchos para todos os asistentes.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario