martes, 11 de mayo de 2010

O BNG AFIRMA QUE PUENTES IMPROVISA O FINANCIAMENTO DO MURO DAS CHANCAS

“A iniciativa do BNG, de pedir a comparecencia do edil de obras, fixo saltar todas as alarmas no goberno municipal. O edil interpelado non defendeu a súa xestión, e quedou claro o seu abandono da delegación e obras.”

No pasado mes de abril o BNG interpelou ao concelleiro de obras pola súa xestión. A iniciativa da comparecencia foi motivada, entre outros asuntos, pola falla de concreción das obras pendentes de executar desde 2007 e que contan cunha financiación moi importante da Deputación da Coruña ( 670,000€ só de 2007). Falamos de máis de 1,5 millón de euros en obras do 2007 ao 2010. Naquel Pleno de abril tanto o concelleiro de obras como o propio Alcalde aseguraron que as obras de 2007 estarían adxudicadas en prazo (31 de xuño do 2010), o que non dixeron e que carecían de financiamento municipal.

A ausencia de orzamento desde 2008 e o abandono na xestión do PSOE, impediron a contratación destas obras. O concello non pode financiar a achega municipal a estes Plans de Obras Provinciais.

O pasado día 6 o Pleno acordou por unanimidade modificar a finalidade de 159.000 € de remanentes dun creto solicitado no ano 2005. A nova finalidade destes cartos é precisamente a de dotar a achega municipal aos Plans de 2007.

Aínda con esta achega fáltanlle 68.000 € para financiar a obra do muro de contención do Camiño das Chancas, incluido tamén nun Plan do 2007.

Mañá mércores haberá en Fene un novo Pleno para modificar o uso doutro creto.

Neste caso a redución dos terreos a expropiar para facer a EDAR, van facilitar que o Pelno poda financiar con parte deste creto do ano 2008 a obra do muro do Camiño das Chancas en Perlío.

Estas dúas modificacións de finalidade dos cretos foron das grazas á labor das técnicas municipais da área de Intervención.

O Alcalde e os seus concelleiros de obras e facenda levan tres anos improvisando, e van necesitar dous Plenos municipais e moita sorte para poder adxudicar unhas obras con tres anos de retraso.
Para o portavoz do BNG, Manuel Polo, “o goberno de Puentes ven decepcionando a moita xente que confiou nel e dando sinas de agotamento na súa xestión desde o inicio do mandato.



Visualiza este folleto explicativo difundido polo BNG no que se relatan as obras pendentes de executar.

Descargalo aquí



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario