A partir do mes de febreiro os veciñor e veciñas optaran polo pagamento mensual das actividades, para o cal o Concello habilitará unha serie de contas bancarias en distintas entidades.
Coa intención de facilitar o pagamento das actividades a todos/as usuarios das Escolas Deportivas Municipais do Pavillón A Xunqueira e da Piscina Municipal de Centieiras, a Concellería de Deportes, dirixida pola socialista Carmen Silvar, ofrece agora a opción de pagamento mensual.
Así, o Concello ven de habilitar unha serie de contas bancarias en distintas entidades, onde a partir do mes de febreiro terán que facer efectivo o importe das taxas correspondentes a ditas escolas segundo o seguinte procedemento:
1º Todos os/as usuarios terán que recoller o recibo coa taxa a abonar na instalación onde fan a actividade a semana anterior fixada ao prazo de pagamento (do 13 ao 26 de cada mes).
2º Cada recibo leva impresas as entidades e números de conta onde poderán facer o ingreso polo importe da escola.
3º Terán que facer constar o nº de recibo no ingreso a realizar para identificar ao usuario/a.
4º Unha vez abonado o recibo na entidade bancaria vostede terá que entregar a parte correspondente ao concello na instalación onde o retirou, debidamente selado pola entidade bancaria, e acompañado do xustificante de pago sempre antes da data de finalización do cobro días 26 de cada mes.
5º Tamén poderá facer o ingreso a través de banca electrónica si dispón deste medio en calquera dos números de conta habilitados, pero non esqueza imprimir o xustificante para acompañalo do recibo na instalación de entrega.
A Concellería de Deportes explicaba tamen con esta nova medida que a partir do día 26 de cada mes todos os/as usuarios/as que non devolveran o recibo debidamente selado pola entidade bancaria e acompañado do xustificante de pagamento, causarán baixa en dita actividade para o mes seguinte.
Fuente: Fene cidadán
http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1289&lg=gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario