lunes, 7 de octubre de 2013

II Ruta BTT Sendeiros de Fene



Máis de duascentas persoas tomarán parte o vindeiro domingo na “II Ruta BTT Sendeiros de Fene”, que organiza o Club BTT Fene en colaboración coa concellería de Deportes de Fene. A saída está prevista para as 9.00 horas do domingo 13 de outubro, dende o pavillón polideportivo de San Valentín. Ao remate da proba, os/as
participantes poderán participar nun xantar de confraternidade nas mesmas instalacións do pavillón A Xunqueira (opcional).

Segundo os organizadores, a ruta btt “Sendeiros de Fene” é unha proba na que se combina a práctica do deporte co desfrute da paisaxe e o coñecemento das fermosas paraxes do Concello de Fene. A ruta é federada e o seu nivel de dificultade é medio-alto.

As persoas que desexen anotarse na “II Rúta BTT Sendeiros de Fene” poden facelo ata o mércores 9 de outubro  a través da páxina web www.clubbttfene.es ou achegándose polo local do club (nos baixos da Casa da Cultura, en Avda. de Conces, 20-22, Fene). O custe da actividade ascende a 8 euros (sen comida) ou 18 euros (con comida) para os ciclistas federados  e a 18 euros (sen comida) ou 28 euros (con comida)para os non federados.

Máis información en www.clubbttfene.es ou en facebook CLUBBTT FENE. Teléfonos de contacto: 659 308 386 e 616 554 211.

O club ciclista BTT é unha asociación de amigos que se reúnen habitualmente para realizar saídas turísticas, visitas a concellos, marchas ciclistas por distintos lugares de toda a xeografía galega e un montón de actividades relacionadas sempre coa bicicleta e enfocadas a todo tipo de persoas, tanto adultas coma nenos/as de todas as idades. O club BTT Fene conta cun local propio, cedido polo Concello de Fene, nos baixos da Casa da Cultura.

O CLUB BTT FENE AGRADECE A COLABORACIÓN PRESTADA POLO CONCELLO DE FENE NA ORGANIZACIÓN DA PROBA

No hay comentarios:

Publicar un comentario