jueves, 4 de julio de 2013

XOGOS DE AUGA E ACTIVIDADES PARA TODOS OS GUSTOS E IDADES NO XXI DÍA DO DEPORTE NA RÚA





Tirolina xigante, rocódromo, spinning, body pump, inchables, circuirto de karts, orientación, obradoiros de valoración funcional e nutrición, patinaxe, fitness, fútbol americano (modalidade flag), xogos infantís, obradoiro de cariocas e mirlitóns, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3x3, fútbol sala, balonmán, deportes de raqueta, iudo, pintadas, chave, xogos tradicionais, deporte rural, carteis e pintadas. Son algunhas das propostas que a Concellería de Deportes do Concello de Fene anuncia para o vindeiro domingo, 7 de xullo, durante a celebración do XXI Día do Deporte na Rúa.
As actividades desenvolverase na Avenida do Tarrío, rúa San Salvador e nos arredores do Círculo de Perlío, entre as 10:30 horas e as 14:00 horas.  No caso de mal tempo, trasladaranse ao pavillón do colexio Jorge Juan (Perlío). Coma todo os anos, as persoas que participen alomenos en tres actividades conseguirán unha camiseta conmemorativa da xornada.
O XXI Día do Deporte na rúa está organizado pola Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene. Colaboran: Beni Gym Gimnasio, CFA Trasnos Club de Fútbol, SD Barallobre, C. Maniños S.D., CCRD Perlío, Transportes Carballo, Colexio Jorge Juan e Amigos da Chave de Ferrolterra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario