jueves, 4 de julio de 2013

Exposición de Manuel Barro e Rafael Nadales na Casa da Cultura de Fene






A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de xullo unha exposición de pintura e escultura dos artistas Manuel Barro e Rafael Nadales. A mostra inaugúrase o venres 5 de xullo ás 13.00 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22).  Poderá visitarse do 5 ao 19 de xullo, de luns a venres, de 10.00 a 14,15 horas. Sábados, domingos e festivos, a sala de exposicións permanecerá pechada.

Manuel Barro (Ferrol)


 Miedo - Manuel Barro

Pintor autodidacta. É membro fundador do Liceo Europeo de las Artes e da Asociación de Artistas de Narón, ademais de artista colaborador da Asociación Cultural “Aires” de Córdoba.

Exposicións realizadas:
-          Ferrol (90 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles) , ano 2004
-          Exposicións colectivas no Centro Cultural Carballo Calero de Ferrol
-          Exposicións individuais e colectivas no Centro Comercial Porta Nova de Ferrol
-          Colectiva co Liceo Europeo de Las Artes no local Junta del Puerto de Ferrol
-          Concello de Neda - Exposición colectiva co Liceo Europeo de las Artes
-          Hotel Río do Pozo, Narón
-          Concellos de Cambre (A Coruña), Ortigueira (A Coruña), Cospeito (Lugo), Burela (Lugo)
-          Exposición colectiva internacional “Creadores” na galería Portanova de Ferrol , ano 2008. Mostra realizada en colaboración co Centro Cultural Aires de Córdoba
-          Galería Art 22 de Girona - Exposición Genios y Figuras – Edicións Ecuador 21
-          6ª Mostra Art Vila del Vendrell, Tarragona
-          Concello de San Joan les Fonts, Girona
-          Exposición colectiva “Homenaxe ao pintor  Laureano Quesada”
-          Exposición colectiva do  Liceo Europeo de las Artes na Casa da Cultura de Fene, ano 2011
-          Exposición “Arte y Color” na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol, ano 2012
-          Exposición colectiva “Artes Viajeras” do Liceo Europeo de las Artes, en colaboración coa Asociación de Artistas da Coruña, ano 2012
-          Exposición Colectiva co Liceo Europeo de las Artes no Centro Cultural “Torrente Ballester” de Ferrol, ano 2013

Rafael Nadales (A Coruña)


Escultura Rafael Nadales 

Escultor e pintor. Membro da Sociedade Artística Ferrolana dende a súa fundación, ademais de socio de Acea (Federación Internacional de Artistas Plásticos), socio “Maestro Nº 2” da Galería Molduarte e membro do Liceo Europeo de las Artes e da Sociedade Artística “Aires” de Córdoba. Tamén é o delegado en Galicia e Portugal do grupo O+O “Oriente máis Occidente” de Valencia.
 Dende 1990 realiza distintas viaxes para entablar contacto con outros artistas e visitar galerías e museos. Viaxa a Brasil, Salvador de Baía, Pernambuco, Recife, Maceio ou Colombia, onde coñece a talla de esmeraldas e outras pedras. Viaxa tamén a Alemaña na procura dun contacto máis directo co expresionismo alemán, a Basilea (Suíza), París (Francia), Holanda ou Túnez.
No ano 2002 forma grupo de traballo co pintor Laureano Quesada Jiménez, proxectando entre os dous distintas exposicións nas principais cidades galegas.
A maior parte da súa obra consérvase en coleccións particulares e en distintas entidades como Caixa Galicia, Concello de Ferrol, Real Coro Toxos e Froles, Hotel Enrique I de Ferrol, Fundación Araguaney (Santiago), campo de golf en Ortigueira, parroquia de San Mateo (Narón), Sanidade Militar – Reserva Xeral (Madrid), Agaete Casa Museo do poeta Javier de la Rosa (Canarias), Katholisches Pfarramt, concello de Strullendorf (Alemaña), Campus da Mnouva (Túnez) e Galería Merrik, Shanghai (China).
Ten esculturas instaladas en diferentes rotondas e espazos públicos de Ferrol: escultura na Praza de Canido “El Pensador”, restauración do monumento agasallo da República de Uruguay, monumento ao Real Coro Toxos e Froles (grupo escultórico instalado na praza do Real Coro Toxos e Flores), escultura do “Veleiro” na Malata, escultura titulada “Ó vento” na glorieta de Alcampo, “Monumento a los delfines” na praia de San Xurxo ou o Monumento a Ferrol, instalado na rotonda de Catabois.
Premios e recoñecementos:
-          Primeiro premio de arte no grupo escolar Ibáñez Martín, Ferrol
-          Segundo premio provincial de talla en madeira, A Coruña 1965
-          Segundo premio no concurso de escultura da Deputación de A Coruña, 1969
-          Primeiro premio de talla Guillermo Feal, 1975
-          Primeiro premio do concurso do campeonato de Europa femenino “Pantín Classic” (escultura de madeira e granito), 2002
Exposicións:
-          2002. Colectiva na Galería Artitude (París), colectiva na Galería Coarte (A Coruña), colectiva no Salón de Otoño (Barcelona), colectiva de Nadal na Galería Molduarte (Cedeira) e colectiva de Nadal na Galería Ferrolarte.
-          2003. Colectiva Galería Arte Imagen (A Coruña), Colectiva Real Coro Toxos e Froles (Ferrol), Colectiva na Galería Artitude de París (Barcelona), Galería de Arte, Dua 2 (Vigo), Exposición simultánea, Afectados do Prestige. Organiza Marea Blanca (Vilagarcía), individual na Fundación Araguaney (Santiago de Compostela), obras permanentes na Galería Arte Image (A Coruña), individual na Galería Molduarte (Cedeira) e individual no Real Coro Toxos e Froles (Ferrol).
-          2004. Colectiva Casino Ferrolano, Galería Molduarte (Cedeira), Galería Dua 2 (Vigo), Homenaxe a Camilo José Cela no Casino Ferrolano, individual de escultura, pintura e tintas en el Hotel Meliá María Pita (A Coruña), individual en Equiocio, esculturas no Centro de Cultura Pintor Llorens, co pintor Carlos Barcón (Sada) e exposición de pintura e escultura no claustro do Concello de Ortigueira.
-          2005. Centro Comarcal da Xunta de Galicia de Cambados, Centro Comarcal de Viveiro, Centro Comarcal de Bergantiños, Malpica (A Coruña), Colectiva no Concello de Cedeira, individual no Concello de Cerdido e colectiva no Centro Cultural de Viveiro. Ademais, realizó esculturas públicas en diferentes zonas de Ferrol, restauró el monumento ao aviador Ramón Franco, realizó los trofeos para os Campionatos do Mundo de Surf, Pantín Classic masculinos e Campionatos de Europa Pantín Classic Femininos e organizou a I Exposición Internacional na Galería Portanova.
-          2006. Feira de Arte de La Haya “Holand Art Fair”, Feira de Arte Internacional Independente de Madrid (FAIM), Centro Comarcal da Xunta de Galicia (A Estrada), Concello de Cedeira, Centro Comarcal de Viveiro, Concello de Vilagarcía. XXIV Semana de Estudos do Mar, Centro Comarcal da Xunta de Galicia, Ordes (A Coruña), Inauguración do Hotel Río do Pozo, Narón (A Coruña), ‘Expresiones’ exposición de pintura, fotografía, escultura e grabado de artistas galegos e portugueses, FAIM Feira Internacional de Arte Independente de Madrid, Hotel Odeón (Narón) e Hospital Militar da Armada.
-          2007. Individual de escultura na Galería Yudite na 7º avenida, Asociación de Artistas de A Coruña, Centro Cultural Cambados (Pontevedra), Sala Áncora (Cedeira), Concello de Burela e Real Coro Toxos e Froles, Exposición da Galería e Proxecto O+O (Oriente más Occidente) Chi Chan-Sen-Saro Bonilla e Rafael Nadales.
-          2008. III Mostra Internacional de Pequeno Formato, Aires de Córdoba e Galería O+O Valencia.

Artigos e aparicións en distintos medios de comunicación :
-          Arte Español, 1978
-          Pintura Ferrol “Leyra Domínguez”
-          Diario de Ferrol
-          La Voz de Galicia
-          Correo Gallego
-          Desde Galicia para el Mundo, TVG
-          Localia Santiago
-          Canal 31 de Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario