miércoles, 17 de julio de 2013

O xornalista fenés Nico Vidal lerá o xoves á tarde a declaración institucional do “Día Nacional de Galicia”


O VIII Festival de Habaneiras pecha a partir das 20:30 h o ciclo do “Día Nacional de Galicia”  


O ciclo do Día Nacional de Galicia remata en Fene o xoves 18 de xullo. Os actos desta derradeira xornada comezarán ás 19 horas no Monumento “Día da Patria Galega” coa lectura da Declaración Institucional, a cargo nesta ocasión de Nicolás Vidal (Fene, 1967). Xornalista responsable do suplemento cultural de Diario de Ferrol, Nico Vidal resultou gañador  do Premio Ánxel Fole 2008, convocado pola Fundación Caixa Galicia e El Progreso, cunha obra titulada “Purificación de Cora y Más Villafuerte, da prensa de partido ao xornalismo como empresa”. Ademais é autor, xunto con José Gómez Fandiño, do libro “Ferroláns de seu” (Ed. Embora). Pechará o acto o Coro Infantil Agarimo de Sillobre que interpretará o himno galego.

Tralo acto institucional, celebrarase tamén ese día na Praza do Concello, a partir das 20:30 horas, o VIII Festival de Habaneiras, coa participación das corais polifónicas de, San Valentín, O Pote de Maniños, Eterna Xuventude e das rondallas Estrelecer e Perla do Río.

Dende hai quince anos, a corporación municipal de Fene  conmemora o “Día de Galicia” desenvolvendo unha programación cultural na Praza do Concello, xusto na semana anterior ao 25 de xullo.

As corporacións que precederon esforzáronse en poñer en valor o fondo significado desta data, dándolle o nome de “Día da Patria Galega” a unha das rúas que pecorren a parroquia de Barallobre ou ao monumento no que, dende hai once anos, lése a declaración institucional que o Concello encarga a unha persoa de recoñecida proxección na vida política o cultural. Declaración que en anos anteriores correou por conta, entre outros, de Xosé L. Méndez Ferrín, Bieito Iglesias, Rosa Aneiros, Matilde Castro, Eduardo Estévez, Rafa Villar, Iria López Teijeiro, Marilar Aleixandre, Carlos Negro, Dulce López, Agustín Fernández Paz ou Xosé María Rivera Arnoso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario