viernes, 28 de junio de 2013

O PINTOR FENÉS JOSÉ MANUEL PEREIRO DOA UN CADRO AO CONCELLO DE FENE




 Trátase dun óleo que leva por título “A Redonda I”. A obra, entregada esta mañá á concelleira de Cultura, Rocío Bértoa Puente, pasará a formar parte a partir de agora dos fondos do Concello de Fene, podendo exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións desta Administración local.

José Manuel Pereiro efectúa esta doazón ao Concello de Fene en agradecemento pola recente cesión da sala de exposicións da Casa da Cultura para unha exposición persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario