viernes, 31 de mayo de 2013

O VINDEIRO LUNS ABRE O PRAZO PARA APUNTARSE AO “VERÁN MÁIS ALÁ! 2013”



                        O Verán Máis Alá! é un campus lingüístico no que se pretende facilitar unha alternativa de lecer educativo na nosa lingua, á vez que, polo seu horario, promove a conciliación da vida laboral e familiar. Na súa edición 2013, o programa desenvolverase no CEIP de Centieiras (Perlío) entre o 1 e o 31 de xullo e nel poderá participar o alumnado escolarizado en educación infantil e primaria, nado entre os anos 2001 e 2009 (as idades de referencia serán os tres anos, ben cumpridos, e os doce).

            Cunha temática central, relacionada con Fene e a súa contorna, o Verán Máis Alá! contempla un amplo e diversificado programa de actividades formativas e de lecer coas que coñecer os recursos naturais, culturais, deportivos, e sociais do concello. Neste senso, ao longo do mes de xullo, os nenos e as nenas que participen no programa terán a oportunidade de participar en actividades acuáticas (xogar na auga nas instalacións da piscina municipal); artísticas (obradoiros de reciclaxe, pintura, todo tipo de manualidade…); formativas (achegándose ao inglés e outras linguas, á ciencia a través de experimentos baseados no cotián….); de lecer e convivencia (xogos tradicionais, cooperativos, de presentación, de resolución de conflitos, deportes e predeportes….); relacionadas coa danza, a música, o teatro, a expresión corporal, o baile, a elasticidade…..; saír de excursión tanto polo propio concello coma a outros puntos de interese da comarca e, para rematar, unha festa de convivencia coas familias que todos os anos, nas instalacións da SCR O Pote de Maniños, lle pon o ramo ao Verán máis alá!.

Na medida que ten entre os seus obxectivos facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, un ano máis estruturarase en dous bloques horarios:
·        Bo día! Dende as 8:00 ata as 10:00 horas (os nenos e as nenas poderán incorporarse a calquera hora entre as 8:00 e as 10:00).

·        Máis alá! que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:30 (os nenos e as nenas deberán incorporarse ás 10.00 h e saír entre as 14:00 e as 14:30 horas).
Como participar en Verán máis alá!?
As persoas interesadas deberán entregar a FICHA DE DATOS no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán dereita) nas datas de matriculación que se relacionan de seguido (as 120 prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición) :
  • VECIÑOS/AS DE FENE. Luns, 3 de xuño + martes, 4 de xuño de 2013 en horario de 08:00 a 19:00 h (en horario ininterrompido) e de 09:00 a 14:30 h (martes)
    • Documentación:
      • Ficha de datos
      • Volante de empadroamento no Concello de Fene.
É moi importante que a veciñanza de Fene interesada solicite dende xa o seu volante de empadroamento na Casa do Concello, en horario de 8:30 a 14.00 h.
  • VECIÑOS/AS DOUTROS CONCELLOS (só se quedan prazas vacantes, extremo que se anunciará na páxina web http://www.fenecidadan.net). Mércores, 5 de xuño + xoves, 6 de xuño de 2013 en horario de 08:00 a 19:00 h (mércores) e de 08:00 a 14:30 h (xoves)
    • Documentación:
      • Ficha de datos
O luns, 10 de xuño, publicarase a listaxe dos/as participantes no XI Verán Máis Alá!.
 O custe da actividade ascende a 68,15 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e a 36,70 € a partir do segundo membro da unidade familiar. Para as familias en situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo poderán acceder gratuitamente nos termos sinalados no artigo 5. da Ordenanza fiscal núm. 2 .
 MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene. Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.dicoruna.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario