viernes, 31 de mayo de 2013

ESTE FIN DE SEMANA REMATA O VI CONCURSO DE TAPAS DO CONCELLO DE FENE



O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, por sexto ano consecutivo organizou un Concurso de Tapas, con elo se espera fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.
O VI CONCURSO DE TAPAS DE FENE se iniciou o día 3 de maio e remata este domingo 2 de xuño
Os que non tiveron a oportunidade de pasar por algún dos  27 locais participantes poden facelo este Venres de 20:00 a 22:00 horas, Sábado de 13:00 a 15:00 h ou de 20:00 a 22:00 e o domingo de 13:00 a 15:00 horas
As tapas do concurso están servindose de modo  gratuíto.
Na SELECCION DAS TAPAS GAÑADORAS diferenciase:

  • TAPA POPULAR
Este premio o está decidindo o público para o que se elaborarou un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.
Aquel cliente que deguste tódolas tapas participantes no concurso está tendo a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa, e entrar no sorteo de premios. Só é válida a FENERRUTA se está selada plos 27 establecementos participantes no concurso.

§  TAPA TRADICIONAL E TAPA CREATIVA
Un xurado de recoñecido prestixio está sin previo aviso degustando as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha.
Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.
Os PREMIOS  SERÁN:
Premios para os clientes(o sorteo se fará o día da entrega de premios):
-       Entre todos os votantes que selen toda a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:
§  Unha VIAXE de venres a domingo a Londres (A.D.) ou a Mallorca (P.C.) para dúas persoas. Datas a elixir, excepto en xullo, agosto e festivos. Premio por cortesía de Axencia de Viaxes Volaria Fene.
§  Dous CURSOS DE MANEXO DE EMBARCACIÓNS, por cortesía de Escola de Formación Náutica Aldebaran. (Tasas administrativas non incluídas). Datas a convir.
§  MATERIAL DEPORTIVO, por cortesía de Deportes Mas Sport.
-       Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:
§  10 BONOS DE 20 EUROS cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.       
§  Unha BATIDORA DE VASO por cortesía de Electro Agro Fene.
§  PRODUCTOS DE PERFUMERÍA, por cortesía de Marta Ameneiro Perfumería.
Premios para os establecementos participantes(que non se coñecerá o propio día da entrega de premios) :
A) Para tódolos locais inscritos no concurso:
Campións:
- tapa CREATIVA: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
- tapa TRADICIONAL: trofeo un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
- tapa POPULAR: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
Subcampións:
- tapa CREATIVA: trofeo.
- tapa TRADICIONAL: trofeo.
- tapa POPULAR: trofeo.
B) Para os locais inscritos no concurso e que teñan á disposición dos clientes o viño patrocinador o seguinte premio.
Entre tódolos locais participantes que teñan á disposición dos clientes o viño que patrocina este premio, sortearase unha estancia para dúas persoas na bodega da Rioja “Solar Viejo”, por cortesía da propia marca riojera. (Cea, aloxamento, almorzo, comida e visita guiada á bodega. Datas a convir coa bodega)
§  Outros colaboradores:  ESTRELLA GALICIA e DIPUTACIÓN DE A CORUÑA

OS PREMIADOS NON SE SABERÁN ATA O ME DE XULLO NA CEREMONIA DE ENTREGA DE PREMIOS, DÍA QUE TAMÉN SE FARÁ O SORTEO ENTRE OS CLIENTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario