Hoy jueves día 24 en sesión celebrada en la cuarta planta del Concello de
Fene quedo constituida la Mesa Local del Comercio de Fene de acuerdo con la
disposición transitoria única del Decreto 183/2011, de 15 de setiembre, por la
que se regulan las mesas locales del comercio.
O Parlamento de Galicia aprobou
o 17 de decembro de 2010 a Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia,
publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 decembro de 2010 e entrando en
vigor o 18 de xaneiro de 2011. O artigo 21 da devandita Lei establece que en
cada concello existirá unha Mesa Local do Comercio así como a súa composición.
O Pleno do Concello de Fene en
sesión ordinaria celebrada o 7 de abril de 2011, aprobou a constitución da Mesa
local do comercio do Concello de Fene, adoptando en primeiro lugar o acordo de
crear a Mesa Local do Comercio do Concello de Fene que actuará como órgano
colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a
administración local e os axentes representativos do sector comercial, e en
segundo lugar acordase a composición da Mesa.
No Diario Oficial de Galicia de
30/09/2011 foi publicado o Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se
regulan as mesas locais do comercio, decreto que afecta á composición da mesa
local do comercio.
Co obxecto cumprir a normativa
vixente e adecuarse ao Decreto, o Pleno do Concello de Fene en sesión ordinaria
celebrada o 13 de decembro de 2012, aproba a proposta de designación de membros
municipais.
A Mesa local do comercio do Concello de Fene
celebrará a súa sesión constitutiva hoxe día 24 de xaneiro de acordo coa
disposición transitoria única do Decreto 183/2011, de 15 de setembro, pola que
se regulan as mesas locais do comercio.
COMPOSICIÓN DA MESA LOCAL DO COMERCIO DE FENE
NOME E APELIDOS
|
ENTIDADE
Á QUE REPRESENTA
|
Juan José
Franco Casal
|
Administración Local
|
Iván
Puentes Rivera
|
Administración Local
|
José
Villares Losada
|
Asociación de comercio, hostalería e servizos
de Fene “O Cruceiro”
|
Julía
Sedes Díaz
|
Asociación
de amas de casa, consumidores e usuarios
|
José
Manuel Vilariño Anca
|
Administración Autonómica
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario