jueves, 24 de enero de 2013

Merlín Comunicación representa “O señor das dunas” este sábado ás doce do mediodía no Círculo de Perlío

Fene acolle este sábado unha das función do programa de dinamización lingüística “falaRedes”. Trátase dunha iniciativa da Secretaría Xeral para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, que levará ata decembro un total de 250 accións por unha centena de entidades locais. No caso de Fene, o espectáculo que se poderá ver este sábado, 26 de decembro, ás 12:00 horas no CCRD de Perlío é “O Señor das Dunas”. Baseado na literatura oral galega, este contacontos compleméntase coa ilustración en directo do relato feita con area. Os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que escoitaron.

 En “O Señor das Dunas” “hai moitos anos, durante unha viaxe intercontinental, un barco naufragou á altura da Costa da Morte. As correntes mariñas arrastraron a un vello bibliotecario, amante da literatura e das historias ben contadas, ata a praia de Corrubedo. Alí comezou a contar contos tradicionais, que acompañaba e enriquecía con debuxos feitos con area… E de Corrubedo ás vilas de Galicia. O Señor das Dunas visítanos contando cinco contos populares galegos, xunto cun alumno aventaxado que ilustra sobre a area a historia que nos narra a medida que se vai relatando”.

FalaRedes 
O programa FalaRedes emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. FalaRedes busca crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos. Tamén intenta reforzar o uso do galego entre galegofalantes, proporcionándolles modelos lingüísticos de referencia aos rapaces e rapazas de orixe castelanófona. A Rede de Dinamización Lingüística é unha iniciativa impulsada pola Administración autonómica para avanzar na coordinación de actuacións planificadas no marco da Administración local co fin de favorecer a dinamización social da lingua galega. Deste xeito, ampliar os seus usos, incrementar o seu prestixio social e favorecer a súa visibilidade nos distintos ámbitos sociais son os seus principais propósitos.

Actualmente forman parte da Rede 93 concellos espallados pola nosa xeografía; as deputacións provinciais de Ourense, A Coruña e Pontevedra; as mancomunidades de Arousa Norte, Comarca de Fisterra e Terras de Celanova e o Consello da Cultura Galega.

 Para máis información sobre o espectáculo “O señor das dunas” ou sobre “falaRedes”, dirixirse a Alexandre Vázquez, responsable de comunicación do programa (Teléfono: 630230338 // Enderezo electrónico: comunicacion.falaredes@gmail.com)
Tamén se pode atopar máis información e o calendario completo de actividades na páxina web de FalaRedes: www.xunta.es/linguagalega/falaredes e nas redes sociais: Twitter (@falaredes) e Facebook e Tuenti (Programa FalaRedes).

Aqui les mostramos unas fotos de algunas de las escenas de la obra:



No hay comentarios:

Publicar un comentario