viernes, 19 de octubre de 2012

Cancha de Chave San Martiño do Porto

As instalacións da Sociedade CCRD-San Martin do Porto, acollerón este 1º Trofeo de chave 2012, que con 18 escuadras procedentes da comarca de Ferrolterra secundaron este trofeo dende o pasado 24 de Setembro o 13 de Outubro.

Feito o sorteo e realizados os grupos, os dias 11 e 13 de Outubro derimironse as semifinais e finais. Accederon a semifinais os equipos , San Pablo, Lúa Nova, Catro Camiños, Pazos Cabana, o¨Pazo e LS Limodre. Destes seis equipos pasaron a xogar a final o San Pablo, LS Limodre e Pazos Cabana, en esta fase as partidas estiveron moi axustadas no que se refire o número de chaves , seis chaves foron as que decantaron a balanza a favor do San Pablo que se erixeu no campión deste trofeo seguido polo Pazos Cabana de segundo e de terceiro o LS Limodre.

A organización premiou o máximo chavista da primeira fase que foi Luis,  chaveiro do LS Limodre que conquireu 71 chaves e a Fernando do San Pablo máximo chaveiro da final que realizou 69 chaves. A entrega de premios realizouna Juan Luis López Espiño , representante do equipo anfitreón.





No hay comentarios:

Publicar un comentario