viernes, 16 de marzo de 2012

Alumnos/as de Cristo Rey visitan Fene



Ao redor de medio cento de alumnos/as de Educación Infantil (4 e 5 anos) do Colexio Cristo Rey (Ferrol) visitaron esta mañá o Museo do Humor de Fene e o Parque de Educación Viaria.
O Museo do Humor de Fene amosa nas súas instalacións centos de orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo. Grandes creadores como Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa teñen o seu espazo neste museo que salienta pola súa singularidade e por ser único dentro do seu xénero en España. Con sede na Casa da Cultura de Fene (rúa Conces 20-22), o horario de visitas é, de luns a sábados, de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde, de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas.
Entrada gratuita.

Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre chamar ao teléfono 981.34.24.00 ou enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@gmail.com ou museodohumor@fenecidadan.net
Pola súa banda, o Parque Municipal de Educación Viaria de Fene está emprazado no antigo apeadoiro de Renfe, na parroquia de Barallobre. Conta cunha aula totalmente equipada e cun circuito homologado de 800 metros, dotado de karts eléctricos e a pedais así como de bicicletas e triciclos
Para solicitar unha visita ao Parque, e participar nos obradoiros escolares é necesario cumprimentar a ficha de solicitude que se atopa a disposición dos interesados/as na web do Concello (www.fenecidadan.net) e enviala ao Departamento de Cultura, Xuventude e Deportes do Concello de Fene (Praza do Concello, s/n. 15.500. Fene. A Coruña). Tamén se pode enviar por fax (981-492788) ou por correo electrónico (cultura.deportes@fene.dicoruna.es).

No hay comentarios:

Publicar un comentario