viernes, 13 de enero de 2012

O BNG PIDE OS INFORMES QUE XUSTIFICAN A DIRECCIÓN PROHIBIDA NO CAMIÑO DA CASANOVA

O goberno do PP está a improvisar o mesmo que fixo o goberno socialista cando fixo de sentido único a rúa do Concello e logo tivo que rectificar.
Os nacionalistas afirman que xa advertiron da complexidade de instalar direccións únicas cando as vías alternativas obrigan a dar grandes rodeos.

O portavoz municipal pedirá copia dos informes que xustifican a dirección única nesta rúa que, sendo estreita, non o é menos que outras que transcorren pola zona urbana de Fene.

Para os nacionalistas o que ten que facer o goberno local é executar o PXOM e ir abrindo ás rúas con negociación cos veciños. No BNG somos conscientes de que esta dirección prohibida causa unha perturbación a toda a xente que vive na zona da Casavella, o Tellado e o Sartego, ademais de facer menos permeable a zona urbana de Fene, tendo como única alternativa a AV. Naturais de Fene.

O grupo municipal reunirase cos afectados asinantes do escrito de protesta e coa AVV de Fene para valorar a situación.

En calquera caso desde o BNG censuramos a actitude sutoritaria do alcalde ante a protesta veciñal.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario