A mostra inaugúrase este venres, 18 de novembro, ás 19 horas
Trinta e sete cadros, agrupados nas coleccións “Metálicos, “Sonos” e “Miscelánea”, compoñen a mostra de pintura de Arantxa Prada que se inaugura este venres, 18 de novembro, na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22). A exposición amosarase ata o vindeiro 14 de decembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
Nota autobiográfica da artista:
“Nada hai 44 anos no frío inverno da montaña sanabresa, ás beiras do río Tera, na que transcorreu a miña infancia.
Sendo a penas unha rapaza trasladeime á cidade de Salamanca na que desenvolvín o ciclo da miña xuventude e experimentei as miñas primeiras experiencias vitais de carácter artístico a través do contacto con algúns autores amaters e variados estudiantes da facultade de bellas artes desta cidade. Relacións éstas que á postre remataron por consolidar unha vocación de creación artística que nestes intres transita a través da pintura como medio preferente de expresión.
Nunca se sabe con plena certeza que hai de predestinado ou xenético nas nosas tendencias e intencións, aínda que o certo é que na miña propia famila, comezando polo meu pai, escritor e pintor aficionado, ao igual que varios dos meus tíos, posiblemente constituirían o xérmolo primixenio do meu amor ás artes.
Van xa tres lustros que casei cun galego de pro e vivimos as nosas vidas cos nosos fillos nesta terra máxica de xentes entrañables e cultura sen parangón.
Nesta terra que día a día sentimos e facemos nosa con constancia e con amor, inpregnada da súa impronta e latente realidade, din en escribir as miñas primeiras poesías ata completar poemario que máis cedo que tarde decidirei publicar.
Iniciado este camiño, impulsada por unha insistente necesidade e apoiada polos meus, pouco a pouco fun quen de arrancarlle tempo ao devenir diario e comezar a crear a través da pintura o meu propio e xenuíno mundo de expresión, experimentando con diversos materiais e técnicas de traballo como medio e forma de comunicación orixinal.
Así as cousas, teño o pracer e a honra de presentar ante vós, unha escolma de obras que proceden dunha época recente da miña creación, agrupadas con criterios persoais e rexistradas no rexistro da propiedade intelectual como medio para preservar e certificar a súa exclusividade e orixinalidade.
Nada mellor que a propia obra no seu conxunto para falar de se mesma, razón pola que aporto unha representación desta en formato dixital, dividida nas seguintes agrupacións: “Metálicos”, “Sonos” e “Miscelánea”, que integran un total de 37 obras para esta exposición.
Esperando que lle guste, saúdos cordiais.”
Fotografías dalgunhas obras da artista
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario