sábado, 8 de octubre de 2011

O PSOE de Fene proporá unha traída do Eume para o Sur da Ría se Ferrol impón a suba no prezo da auga

O Grupo Socialista plantexa deixar de comprarlle a auga a Ferrol


Os socialistas de Fene rexeitan o acordo unilateral do Concello de Ferrol polo cal se subiría novamente o prezo que EMAFESA lle cobra aos concellos da Ría polo abastecemento de auga.

Inxusta, ilegal, insultante ou desproporcionada son os adxetivos cos que o PSOE de Fene define a intención do Concello de Ferrol de aplicar unha nova suba no prezo da auga que EMAFESA lle vende aos concellos da Ría.

Afirma Iván Puentes, portavoz socialista en Fene, que “se Ferrol ten problemas de financiamento coa súa empresa municipal de augas terá que solucionalos, pero non pode pretender que os veciños e veciñas de Fene e dos demais concellos da Ría sexamos os parvos que paguemos a súa mala xestión en EMAFESA.”

Recordan os socialistas que no ano 2007, logo dunha dura negociación, os concellos de Fene, Narón, Ares e Mugardos asinaron un convenio con Ferrol polo cal xa se subía o prezo da auga un 100% (de 0,07 € por m3. pasábase aos actuais 0,14 €) Acordo que tiña unha vixencia de 10 anos prorrogables por outros 10 e dos que tan só van transcorridos 4. A isto se aferra o PSOE de Fene para rexeitar de plano calquera suba ata que dito convenio expire.

Alternativa á compra de auga a EMAFESA

No caso de que Ferrol decida finalmente impoñer esta suba no prezo da auga, o PSOE de Fene é partidario de deixar de comprarlle a auga a EMAFESA. Para elo, chegado o momento, os socialistas de Fene reclamaranlle á Xunta de Galicia a construcción dunha traída de auga propia desde o río Eume, á que, ademais de Fene, se poderían enganchar se así o queixesen os demais concellos das rías de Ferrol e Ares.

Este proxecto, que lonxe de ser unha ocurrencia, é unha alternativa que xa se barallou por parte da Xunta de Galicia hai uns 6 anos para resolver os problemas de abastecemento de determinados concellos como Cabanas, Ares ou Pontedeume, consistiría na captación de auga do encoro de Goente (As Pontes) o mesmo desde o que hoxe xa se abastece A Capela e na súa distribución pola rede xa existente a todos aqueles concellos que se queran sumar ao proxecto.

Adoptando esta solución entende o PSOE fenés que se poría punto final á chantaxe histórica á que Ferrol ven somentendo cada certo tempo aos concellos da Ría co prezo da auga. Ademais, esta nova traída independente da de Ferrol sería máis económica, posto que ao vir dun punto máis alto que Ferrol, a auga chegaría por gravidade a todos os puntos de Fene, podendo prescindir dos custosos bombeos que actualmente consumen unha gran cantidade de electricidade e de cartos.

Ademais dos beneficios para Fene, a traída de auga desde a presa de Goente permitiría a concellos como Ares, Mugardos, Cabanas ou Pontedeume solucionar varios dos problemas cos que conta actualmente a súa rede de abastecemento, posto que se trata dun encoro cunha gran reserva de auga e situado nun punto elevado.

Iván Puentes pídelle a José Manuel Rey, Alcalde de Ferrol, “sentidiño e intelixencia, porque é Ferrol quen máis ten que perder neste asunto” referíndose un posible plante dos concellos da ría no pago da auga ou á posibilidade de que directamente lle deixen de comprar a auga EMAFESA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario