sábado, 8 de octubre de 2011

O BNG DE FENE DEMANDA UNHA REVISIÓN A FONDO DAS ORDENANZAS FISCAIS

“Para os nacionalistas de Fene vai sendo hora que o goberno popular diga o que vai facer nesta materia”
Na xuntanza mantida o pasado xoves 6 de outubro, o concelleiro nacionalista Juventino Trigo reclamoulle ao edil de Facenda, unha revisión a fondo de todas as ordenanzas fiscais e avanzou algunhas das propostas nacionalistas.

Para o BNG non vale “conxelar” ou “IPC” como opcións xerais neste momento cando caen os ingresos de procedencia estatal e autonómica hai que tomarse en serio a revisión das ordenanzas facendo unha lectura das mesmas e actualizando textos e conceptos.

Os nacionalista construímos, coa colaboración dos veciños, un concello cunha ampla base e responsabilidade no ambito fiscal. O noso concello conta con 31 ordenanzas de contido fiscal que regulan diferentes aspectos das actividades e tributos de competencia municipal e polas que o concello recada máis de 5 millóns de euros.
Para seguir avanzando neste sentido e que Fene non quede atrás propomos tres grandes obxectivos :
  • 1- Ampliar e mellorar a súa capacidade recadatoria, coa ampliación de padróns, actualización de tarifas en función dos estudos económicos, e utilización das contribucións especiais para a ejecución de determinadas obras.
  • 2- Favorecer as persoas con menos recursos cun sistema de exencións axustados á actual situación de crise.
  • 3- Dotar de medidas fiscais que favorezan ao tecido productivo local.
  • Medidas concretas son a inclusión de infraestructuras e equipamentos no padrón do IBI como zonas portuarias e ferroviarias e novas construccións así como un incremento na cota ás naves e baixos comerciais sen uso. A revisión do padrón do lixo e auga para favorecer novas altas.
Proporemos a modificación do Imposto de vehículos para deixar exentos aos vehículos históricos e reducir ao 50% aos vehículos eléctricos e de competición. Favoreceremos á hostelaría promovendo un mínimo exento na ubicación de terrazas e un pagamento anual por mesa, mostrador ou barras exteriores, cando se supere o mínimo exento. No aspecto das exención promoveremos baremacións comúns en todas as ordenanzas e unidades na xestións dos expedientes para non burocratizar os procedementos. Ao mesmo tempo proporemos a eliminación do requisito que figura nas actuais ordenanzas de non poder ter un vehículo para optar ás exencións de elementos básicos como a auga e o saneamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario