A Agrupación Socialista de Fene celebra o seu acto “central” de campaña hoy martes “Día das Letras Galegas” a partir das 13.30 horas na praza verde de Perlío cun xantar a base de entrantes, churrasco, pan e viño ao prezo de 12 euros.
O acto contará coa intervención da deputada autonómica Mar Barcón, do secretario provincial e presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda e do candidato a alcalde de Fene Iván Puentes
A praza verde de Perlío é o símbolo da centralidade urbana de Fene e despois da súa remodelación convertíuse no novo centro xeográfico do pobo e será o escenario do mitín central do PSdeG-PSOE
Unha churrascada con entrantes, churrasco, viño e postre ao prezo de 12 euros servirá como complemento á festa socialista
A festa dos socialistas é a festa da participación veciñal e tamén a festa do recoñecemento á boa xestión de 4 anos na alcaldía de Fene que permitiron que Fene vivira os 4 anos de máis investimento público dende a chegada da democracia
.
cierres de campaña,vergonzoso ,despilfarro de dinero .LA gente en el paro pasandolo mal,y nos piden el voto para alcaldes responsables,para llorar
ResponderEliminar