martes, 3 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011, no C.M.I. Unidade de Fene



O Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene celebra unhas xornadas sobre o Día das Letras Galegas que este ano esta dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro. As conmemoraciós comenzarán o próximo sábado día 6 de maio.

-Sábado, 6:
  • Ás 21:00 horas. Representación teatral a cargo do grupo de teatro «TERUCA BOUZA» da S.A.P.G. do Seixo (Mugardos), dirixida por Carlos Basoa que porá en escea a obra “Ladrón Morto Cando Intentaba Fuxir”.
-Sábado, 14:
  • Ás 21:00 horas. Presentación do libro gañador do XXIII Certamen dePoesía Pérez Parallé, «Nórmade» de María Rosendo Priego. Acto seguido actuación do grupo de Cantareiras «Alende das Pontes».
-Martes, 17:
  • Ás 20:00 horas. Misa cantada na Igrexa do Divino Salvador de Fene a cargo da rondalla «Estrelecer»
  • Ás 21:00 horas. Conferencia a cargo do catedrático da Lingua e Literatura do IES de Fene, Alexandre Ripoll.
  • A continuación atuará a rondalla «Estrelecer» do C.M.I. Unidade de Fene e logo degustación da proia e queimada.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario