O Círculo Cultural Recreativo Deportivo Perlío celebra unhas xornadas sobre o Día das Letras Galegas que este ano esta dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro. As conmemoraciós comenzarán o xoves día 12 de maio e finalizarán o sábado día 14.
-Xoves, 12:
- Ás 22:00 horas. Conferencia a cargo de don Manuel Rei Romeu, profesor do IES Concepción Arenal de Ferrol, que versará sobre a vida e obra de Lois Pereiro.
- A continuación pequeño recital poético e músical, representado por ra`paces/zas e obradoiro de lectura de Fene.
- Montaxe audiovisual sobre a figura de Lois Pereiro. Realizada por doña Elvira Rois Mestas, profesora do IES Concepción Arenal de Ferrol.
- Ás 21:00 horas. Representación teatral a cargo do grupo de teatro «TERUCA BOUZA» DA S.A.P.G. do Seixo (Mugardos), dirixida por Carlos Basoa que porá en escea a obra “Ladrón Morto Cando Intentaba Fuxir”.
- Ás 20:00 horas. Festival para celebrar o remate Das Letras Galegas 2011, con a participación de a Escola de Música «Charamela» de Pontedeume, a rondalla «Perla del Río» de Perlío, cantareiras «Airiños» de Fene e o grupo «Lembranzas do Condado» de Ferrol.
- E logo para rematar merenda de convivencia e festa con degustación de productos típicos da terra e a tradicional queimada, todo esto arrufado polo dúo Horizonte.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario