O alcalde socialista de Fene recoñeceu, no Pleno ordinario celebrado onte, non ter feito nada con respecto á situación do radar da Avenida das Pías a pesar de ter coñecemento a través dun informe da policía local desde 2008, da posible incompetencia da DGT para instruir expedientes sancionadores no casco urbano de Fene.
Para o BNG é lamentábel que o alcalde non exerza as súas competencias en materia de tráfico. Segundo declarou o candidato nacionalista , Juventino Trigo, “se o radar das Pías é unha boa ferramenta para a seguridade, debe selo tamén para beneficiar ao pobo de Fene utilizando a súa recadación para a mellora de camiños e, polo tanto, da seguridade viaria”. Ante a grave crise económica e a falla de ingresos dos Concellos é máis que necesario que nunca chegar a un acordo coa DGT. “Non pode ser que Fene ature o tráfico e asuma o mantemento da vía sen que o pobo obteña contraprestación económica ningunha”, manifestou Juventino Trigo.
Para os nacionalistas feneses non está en discusión a competencia da estrada, xa que dende hai moitos anos, incluso antes da existencia da autoestrada, era a policía local a que regulaba o tráfico nas retencións que se formaban no cruce de Fene, manifestando a Garda Civil non ter competencias nesta vía.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario