viernes, 8 de abril de 2011

O Concello de Fene pon en marcha un curso gratuito de Condución Eficiente



A Concelleria de Medio Ambiente organiza un curso gratuito de Conducción Eficiente de vehículos de turismo dentro da campaña de condución eficiente. O curso está organizado polo Concello de Fene e pola Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña. Os principais obxectivos deste curso é aplicar técnicas de condución eficiente para aforrar un 15% de combustible, aforrar gastos de mantenemento e reducir as emisións contaminantes dos vehículos. O curso está dirixido a toda persoa interesada que dispoña de carnet de conducir de clase B. O curso celebraranse o vindeiro luns 11 de abril e o martes 12 entre ás nove da mañá e ás tres da tarde.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario