sábado, 2 de abril de 2011

NOTA DE PRENSA DO CPS DE SAN VALENTIN


O CENTRO DE PROMOCIÓN SOCIAL SAN VALENTÍN, RECLAMA 30.000 EUROS AO CONCELLO DE FENE.


A xunta directiva do CPS San Valentín presenta as súas queixas polo abandono que sufre a sociedade por parte do Concello.

Dende o ano 2007 o Concello Fenés adeuda unha cantidade importate en concepto de subvencións, o que fai que a sociedade teña problemas para facer fronte a cantidade de actividades que programa durante o ano. Actividades que benefician ao conxunto do Concello e que por parte do Goberno que encabeza Iván Puentes non reciben apoio.

A débeda correspóndese ao aluguer da axencia de lecturas, patrocinio da Xuntanza de Palilleiras dos anos 2007 e 2009, e a subvención xeral de 2009.

Entre os anos 2010 e 2011 mantivéronse sete reunións formais co Alcalde de Fene para expoñerlle os problemas e a débeda que o Concello ten coa sociedade. Con falsas promesas de solucionar o problema, a día de hoxe non se teñen pagadas as subvencións.

A Xunta Directiva do CPS, insta ao Alcalde Fenés a que axilice dunha vez os pagos e animalo a traballar mán a mán coa sociedade máis representativa da parroquia.

O Centro de Promoción Social San Valentín, prepara xa unha serie de protestas para reclamar o pago de ditas subvencións

Fene, 2 de abril de 2011

Juan Miraz García
Presidente CPS San Valentín

.

3 comentarios:

  1. El señor alcalde esta preparando una fiesta con muchas fotos y mucha prensa y con presencia de altos cargos politicos de su partido para repartir las subenciones que adeuda a las diferentes sociedades y asociaciones del concello con cargo al gran superavit que tuvo este, en el ejercicio 2010, perdon que estamos en Abril no en 28 de Diciembre.

    ResponderEliminar
  2. Eu diría que inda que en San Valentin teñan que esperar un pouco por algunha cousa tampouco pasa mal,xa que parece que no concello de Fene so se fan cousas, no centro e en Sanvalentin e o resto de parroquias que se amañen.

    ResponderEliminar
  3. cada uno mira por su pueblo.ok.y los demas que peleen por lo suyo

    ResponderEliminar