viernes, 15 de abril de 2011

Ábrese a Oficina Turística do Concello durante a Semana Santa

A concellería de Promoción Económica informa que dende hoxe venres 15 de abril e ata o luns 25 de abril (luns de Pascua ou Chamorro) estará aberta a Oficina de Información Turística do Concello de Fene. O horario será de 10.00 horas a 14.00 horas polas mañás e de 17.00 horas a 20.00 horas polas tardes. A oficina atópase na avenida Naturais s/n, nos terreos do antigo mercado municipal. O número de teléfono é o 981344082.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario