O vindeiro venres 1 de abril celebrarase o día da árbore no Concello de Fene coa plantación de árbores a cargo de escolares do termo municipal. 100 castiñeiros prantaranse na zona de Marraxón nun día adicado ao escritor Alvaro Cunqueiro e 102 árbores á figura do ilustre local Xosémaria Pérez Parallé. Os nenos achegaranse á zona de Marraxón en autobuses dende os seus centros de ensino e plantarán as árbores nunha finca preparada para a ocasión. O acto contará coa colaboración de Protección Civil, Policia Local, os alumnos de AFAES, persoal municipal e varias empresas da comarca que tamén colaboran para a ocasión.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario