lunes, 28 de marzo de 2011

O gasto telefónico no Concello de Fene aumentou nun 40% co goberno do PSOE

O balance de contas do pasado 2010 deixa en evidencia, unha vez máis, a incompetencia e o engano do goberno do Partido Socialista en Fene, que, como ten declarado o candidato á alcaldía polo BNG, Juventino Trigo, “ten o costume de dicir unha cousa e facer outra”. A pesar de que o alcalde anunciara unha redución do gasto telefónico en 2009, esta non só non se produciu, senón que se incrementou nun 40% con respecto á lexislatura anterior do BNG.

No mes de xullo de 2009, o alcalde Iván Puentes anunciara unha redución do gasto en telefonía do Concello, que na lexislatura anterior, encabezada polo BNG, estaba nos 53.000 €/ano. Porén, lonxe de acadar a redución anunciada, a liquidación do orzamento de 2009 desvelou que se bateran todos os récords, achegándose aos 80.000 euros anuais.

Na liquidación do orzamento do 2010, o gasto en teléfonos volve a ser de 78.511,49 € , que lonxe de supor un aforro nas contas municipais, supón un incremento dun 40% con respecto a lexislatura anterior.
.
Para o candidato á alcaldía do BNG, Juventino Trigo, evidéncianse dúas cuestións. A primeira é que o goberno do PSOE é incapaz de xestionar un aforro en gasto corrente no Concello, e a segunda é que, a pesar de non ter iniciado ningunha obra dos plans provinciais desde que chegaron ao goberno, si que se fan chamadas telefónicas que, claramente, non son para xestionar servizos para os veciños e veciñas de Fene.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario