martes, 29 de marzo de 2011

Segundo día das Xornadas de Información dixital e xornalismo na rede. A Comunicación total



Gabino Porto fala esta tarde en Fene sobre SIRADIO con tecnoloxía Wimax e Manuel Barreiro da xestión de contidos na rede

O segundo día comezará ás 17.30 horas coa intervención do xornalista Oscar Reboiras Loureiro sobre a redes sociais e os blogs na comunicación total

Mañán visitarán Fene Xosé Luis Gómez, director de Xornal de Galicia/xornal.com e Xurxo Salgado de galiciaconfidencial.com


As Xornadas sobre Información Institucional Local Dixital e xornalismo na rede. A comunicación total afronta o seu segundo día de “congreso”. O xornalista coruñes Oscar Reboiras Loureiro do departamento de comunicación da empresa “R” falará das redes sociais e os blogs na comunicación total. Posteriormente o director xeral de siradio.net Gabino Porto falará da contribución da rede na producción de radio local con baixo custe e alta calidade técnica, o directo asistido a distancia. O sistema dixital de enlaces de siradio con tecnoloxia Wimax e pechará a tarde Manuel Martínez Barreiro, experto en contidos na rede que ven a falar da “xestión de contidos”.

Onte o subdirector de La Voz de Galicia e delegado en Ferrol Carlos Agulló falou da importancia da páxina web lavozdegalicia.es na comunicación xornalística e explicou as edicións dixitais de La Voz así como o proceso de elaboración da páxina web.

Posteriormente o licenciado en Ciencias Políticas Diego Pena Luaces do Concello de Lugo falou do proxecto PARNET-TIC de servizos dixitais no medio rural.

Ás 17.30 horas comezarán as conferencias coa intervención do xornalista Oscar Reboiras Loureiro. Posteriormente falará Gabino Porto de siradio.net e rematará a xornada Manuel Barreiro para centrarse na xestión de contidos.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario