viernes, 18 de marzo de 2011
Presentación do IV Concurso de Tapas de Fene
Hoxe, ás 11 da mañá, Iván Puentes, alcalde de Fene, Carmen Silvar, tenente de alcalde e concelleira do Concello, e José Villares, vicepresidente da Asociación de Comercio, Hosteleria e servizos “O Cruceiro”, presentaron a os medios e aos asistentes o IV Concurso de Tapas de Fene no Concello.
O concurso cumpre co obxectivo de promover e dinamizar a actividade do sector da hostalería. Iván Pontes destacou que "o que diferencia esta inciciativa é que complementa un proxecto para promover a economía coa oferta de lecer". Pola súa banda, tanto Carmen Silvar como José Villares, animaron a todos os veciños e visitantes a disfrutar do Concurso.
No concurso, que celebrarase do 24 de marzo ao 16 de abril incluídos, participarán 14 establecementos e competirán nas categorías tradicional e creativa, ademais do premio na categoría popular, elixida polo público.
As tapas pódense degustar os venres de 20 a 22 horas e os sábados de 13:00 a 15 e de 20 a 22 horas.
Cada establecemento terá un cartel identificativo co nome da tapa e unha urna onde o público poderá depositar as tarxetas para o sorteo dos premios e para depositar a FENERRUTA cumprimentada.
Entre todos os cupóns se sortearán 10 bonos de 20 € cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Ademais, de 4 bonos de 25 € para consumir nos establecementos participantes no concurso. e outra cea tamben para dúas persoas por valor de 50 € en algún dos establecementos participantes na promoción “Os menús turísticos de Ferrol-Ortegal”, promovido polo Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal.
Entre as Fenerrutas recibidas e completas sortearánse 3 estancias en diferentes Casas Rurais da comarca de Ferrol-Eume-Ortegal.
¿Qué é a FENERRUTA?
Trátase dun díptico que inclúe todos os establecementos participantes no concurso e pode recollerse en calquera deles.
O obxectivo final é elixir a mellor "Tapa Popular", é dicir, a mellor tapa a gusto do público.
Coa Fenerruta na man, hai que percorrer todos os establecementos e probar todas as tapas, así che irá selando a Fenerruta. Unha vez cumprimentada, poderá elixir a tapa que máis che gustou e depositar a Fenerruta nunha da urnas.
O establecemento que teña máis votos consigue o premio á tapa popular. Entre os votantes sortearanse estancias de fins de semana en casas rurais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario