viernes, 18 de marzo de 2011

Charla informativa sobre a Lei de Augas


Fecha: jueves, 24 de marzo de 2011
Horario: a las 20:00 horas
Lugar: Local Social de Agarimo de Sillobre

O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, e o candidato á alcaldía de Fene, Juventino Trigo, queren informar á veciñanza sobre a nova Lei de Augas.

O Partido Popular aprobou en solitario no Parlamento de Galiza esta lei, facéndonos pagar a todos os veciños e veciñas un imposto sobre a auga.

Os titulares de pozos particulares terán que pagar o canon da auga e instalar contadores homologados; de non facelo no prazo de seis meses cobraráselle polo método da estimación (en función da concesión de auga que se teña ou do consumo medio dunha vivenda).

Non se exclúe deste pagamento a ningún núcleo rural, tampouco aos que non teñen rede de saneamento.

O BNG está a traballar para que esta nova norma non sexa tan inxusta. Coa forza de todos e todas podemos conseguilo.

.

16 comentarios:

  1. 10 verdades sobre a lei de augas de galicia

    1.-A lei de augas non crea tributos.O canon de augas substituira ao actual canon de saneamento

    2.-Os pozos particulares non pagaran o canon de auga

    3.-Tamen quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e forestais

    4.-As comunidades de usuarios teran un 90% de bonificacion

    5.-Alei non obriga a instalacion de contadores. Quen non dispoña deles podera acollerse a outros sistemas de estimacion obxectiva

    6.-Resolvera un problema municipal. O canon ira destinado exclusivamente a financiar a mellora de abastecemento, saneamento e depuracion de augas dos concellos de Galicia

    7.-Implanta a tarifa social para usos domesticos. A tarifa seguira o principio de quen mais consume mais paga. As familias numerosas gozaran duha bonificacion do 50%

    ResponderEliminar
  2. 8.-Garante o suministro de auga en calidade e cantidade a cidadania, atendendo a un uso racional e sostible, e a un consumo responsable

    9.-Coa nova lei GALICIA cumpre a normativa europea, tendo en conta a realidade do noso territorio e da nosa poboacion

    10.-O canon galego sera o segudo mais barato de España. E o mismo tipo de canon da maioria das CC.AA entre as que se atopan Asturias , Cataluña, Cantabria, Pais vasco,Navarra, Aragon ,Valencia,Baleares e A Rioxa

    ResponderEliminar
  3. Moi boa páxina! Jacobo parabén por esta magnífica páxina un orgullo para os que somos de Fene, pois grazas a ti nos decatamos das cousas do noso municipio.
    Aproveito a ocasión para decirlle ao señor Iván Puentes que se deixe de enganar tanto, pero bo quedan dous meses para as eleccións e espero que os fenéses abran os ollos.
    Un saúdo Jacobo e segue así informándonos.

    ResponderEliminar
  4. Hola,saliendo de enfrentamientos políticos,aquí hay alguien que miente,o el PP,o el BNG.

    LA lay de aguas es pública del boe del 3-12-2010
    el que diga algo de está ley,por favor que indique el número de artículo para que podamos verificarlo.Gracias.

    ResponderEliminar
  5. Artigo 48º.-Base impoñible e métodos de determinación da base impoñible.
    1. Constitúe a base impoñible o volume real ou potencial de auga utilizado ou consumido en cada mes natural, expresado en metros cúbicos. No caso dos usos non domésticos que dispoñan de contadores homologados de caudal de vertedura poderase considerar como base impoñible o volume de vertedura, nas condicións que se determinen regulamentariamente.
    2. A determinación da base impoñible realizarase, con carácter xeral, en réxime de estimación directa, mediante contadores homologados. Para estes efectos, os usuarios están obrigados a instalar e manter pola súa conta un mecanismo de medición directa da auga efectivamente usada ou consumida.
    3. Os usuarios que non dispoñan dun mecanismo de medición directa poderanse acoller a sistemas de estimación obxectiva. Para estes efectos, entenderase que un usuario se acolle ao sistema de estimación obxectiva cando logo de transcorreren seis meses desde a entrada en vigor do regulamento que desenvolva as previsións desta lei en materia de tributos non dispoña de mecanismo de medición.
    4. O método de estimación obxectiva e indirecta aplicarase de conformidade co disposto na Lei 58/2003, xeral tributaria.

    ResponderEliminar
  6. Artigo 48º.-Base impoñible e métodos de determinación da base impoñible.
    1. Constitúe a base impoñible o volume real ou potencial de auga utilizado ou consumido en cada mes natural, expresado en metros cúbicos. No caso dos usos non domésticos que dispoñan de contadores homologados de caudal de vertedura poderase considerar como base impoñible o volume de vertedura, nas condicións que se determinen regulamentariamente.
    2. A determinación da base impoñible realizarase, con carácter xeral, en réxime de estimación directa, mediante contadores homologados. Para estes efectos, os usuarios están obrigados a instalar e manter pola súa conta un mecanismo de medición directa da auga efectivamente usada ou consumida.
    3. Os usuarios que non dispoñan dun mecanismo de medición directa poderanse acoller a sistemas de estimación obxectiva. Para estes efectos, entenderase que un usuario se acolle ao sistema de estimación obxectiva cando logo de transcorreren seis meses desde a entrada en vigor do regulamento que desenvolva as previsións desta lei en materia de tributos non dispoña de mecanismo de medición.
    4. O método de estimación obxectiva e indirecta aplicarase de conformidade co disposto na Lei 58/2003, xeral tributaria.

    ResponderEliminar
  7. Artigo 45º.-Feito impoñible.
    1. Constitúe o feito impoñible do canon da auga o uso ou o consumo real ou potencial da auga de calquera procedencia, con calquera finalidade e mediante calquera aplicación, mesmo non consuntiva, por causa da afección ao medio que a súa utilización poida producir, considerándose incluída dentro desta afección a incorporación de contaminantes nas augas, e sen prexuízo dos supostos de non suxeición e exención previstos no artigo 47º.
    2. O canon exixirase segundo as seguintes modalidades:
    a) Usos domésticos e asimilados.
    b) Usos non domésticos.
    c) Usuarios específicos.
    3. O canon exixirase tanto polo uso ou o consumo da auga facilitada por entidades subministradoras coma polo uso ou o consumo da auga en réxime de concesión para abastecemento ou procedente de captacións propias, superficiais ou subterráneas, incluídos os consumos ou os usos de augas pluviais e mariñas que efectúen directamente os usuarios, sen prexuízo dos supostos de non suxeición e exención previstos no artigo 47º.

    ResponderEliminar
  8. No artigo 52 da lei 9/2010 de 4 de novembro de augas de Galicia, (DOG de 18 de novembro de 2010)
    trata da cota do canon.
    Con respecto ás 10 mentiras que conta ese anonimo, decir so que, textualmente o artigo 45 di:" Constitúe o feito impoñible do canon da auga o uso ou o consumo real ou potencial da auga de calquera procedencia,...

    ResponderEliminar
  9. Artículo 47.º Supuestos de no sujeción y exenciones.

    LA verdad es que analizando los artículos anteriores,hay que reconocer que según está ley de aguas,si que nos van a poder cobrar si tenemos un pozo propio y no nos dedicamos o somos autonomos a agricultura o ganadería.

    saludos

    ResponderEliminar
  10. Non son mentiras, son verdades que vexo que non sodes capaces de desmontar, porque a lei ten 90 artigos e vexo que so falades de un, hai que ler pra poder interpretar as cousas que se din nesta lei e compararla con outras e con a antiga lei, ademais de ver as enmendas que querian meter os partidos no parlamento cando se devateu esta lei como por exemplo a dos socialistas que propoñian unha sancion de hasta 30.000 euros por incumplimento de instalar un contador homologado, outra dos socialistas que propoñia incorporar progresivamente as traidas veciñais a rede publica ou sexa facelas desaparer para cobrarlles mais.

    ResponderEliminar
  11. Artigo 85.
    Infracción leves.(Ata 30.000€ de multa)
    Apartado l)o incumprimento dos deberes de colaboración.

    Este artigo é para cando se presenten na casa os encargados de ver o pozo, que poderán andar pola finca privada con tranquilidade cando queiran, baixo a cooacción do "paquete" de 30.000€

    ResponderEliminar
  12. Para o anonimo que conta as dez trolas ao principio, e di na primeira,"1.-A lei de augas non crea tributos"

    Aqui che vai, tributo e imposto indirecto
    Artigo 43º.-Natureza e obxecto.
    O canon da auga é un tributo propio da Comunidade
    Autónoma de Galicia con natureza de imposto de
    carácter real e indirecto e de finalidade extrafiscal
    afectado ao destino que se indica no artigo seguinte,
    o cal grava o uso e o consumo da auga no territorio
    da Comunidade Autónoma de Galicia, por causa da
    afección ao medio que a súa utilización poida producir

    ResponderEliminar
  13. Artigo 53º. -Tipo de gravame.
    1. O tipo de gravame para usos domésticos e
    asimilados determinarase en función do número de
    persoas que habitan as vivendas e en función do
    volume de auga consumido.
    2. Establécese unha cota fixa de 1,50 € por contribuínte e mes. No caso de que nese período o contribuínte non supere o volume establecido no primeiro tramo, a cota fixa será de 0,50 €.

    Artigo 57º.-Usos industriais de refrixeración e usos de produción de enerxía hidroeléctrica.
    2. A parte fixa da cota será de 2,50 euros por contribuínte e mes.

    É decir, un paisano cunha horta e un pozo pagará unha cota fixa ao mes de 1,50 €, namentras que Fenosa por un encoro para producir electricidade pagará unha cota fixa de 2,50 € ao mes.
    Pregaría ao PP que informe e non engane á xente, e que diga que vai escomenzar a aplicar esta lei despois das eleccións municipais.¿non si?

    ResponderEliminar
  14. Jacobo, hai un erro na hora, non é as 21 h, senón que é ás 20 h.(As 8 da tarde)
    O que queira informarse que lle bote unha ollada á lei de augas, que asista ao acto, e logo poderá preguntarlle as dubidas a Carlos Aymerich, que desta lei sabe un rato.
    saudos.

    ResponderEliminar
  15. La hora esta corregida. Les quiero comunicar que el error no fue de Fene.con sino de la persona que envío la noticia procedente del BNG

    Gracias y perdonen por las molestias

    ResponderEliminar
  16. Para o que contesta a anónimo en relación coa creación dun imposto: é certo que a lei crea un imposto, pero o que quere dicir anónmo,queirase entender ou non, é que o canon da auga non é mais ca un substituto do actual canon de saneamento, é dicir, sí se crea un novo imposto cun nome diferente, pero da nosa factura da auga vai desaparecer unha cousa chamada canon de saneamento para pasar a chamarse canon da auga, e, e máis, haberá quen estea pagando o canon de saneamento que deixará de pagalo e non pagará o novo tributo, como é o caso dos usos agrícolas, gandeiros e forestais.
    A lei poderá ter fallos pero o que non se pode facer é asustar á xente.
    E sinceramente, aos que falan das sancións: a día de hoxe a Administración pode entrar na finca de calquera veciño, verificar de onde se abastece, comprobar se ten pozo ou non, se o ten legalizado ou non, se ten contador ou non, PORQUE A LEI DE AUGAS DO ESTADO obriga a ter un título para poder gozar das augas, e con carácter xeral isto traducese nas concesións públicas e nesas concesións obrígase a instalar un contador, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 51, 52 e 55 do Real Decreto Legislativo 1/2001, de 20 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Aguas.
    Nesta mesma norma podese apreciar a calificación dunha serie de actuacións como infraccións, entre elas a de dispor dun pozo sen ter obtido con anterioridade a concesión correspondente.
    Por tanto, a día de hoxe pódeselle cobrar a calquera persoa que teña un pozo o canon de saneamento sempre que se atope nun nucleo considerado como suxeito a tal tributo, ou que poda ser calificado como industrial polo volume de auga consumido, e na actualidade tal realidade traducese nas bonificacións que se pretenden establecer, de tal xeito que aquelas personas que teñan que empregar pozos por non ter outra opcións non vexan mais gravada a súa situación.
    E digoo unha vez mais, pode ser que a lei non sexa a mellor ou que se poda mellorar moito, pero temos que facelo entre todos e non demonizando o que non ten nada de iloxico ou reprochable, pois responde entre outras cousas as esixencias derivadas da pertenza á Unión Europea a través da Directiva Marco da Auga

    ResponderEliminar