O alcalde de Fene Iván Puentes destaca esta actuación como a máis importante realizada en Limodre nos últimos 20 anos
O delegado do Goberno destacou que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño destinou a este proxecto da praia de Rio Sandeo un orzamento de 357.754 euros. O representante estatal eloxiou os resultados da actuación e puso o acento na importancia da colaboración institucional entre administración para facer realidade proxectos que demanda a cidadanía e que conlevan unha mellora da súa calidade de vida.
Os traballos na praia de Río Sandeo interrumpíronse durante a temporada estival do 2010 para permitir o disfrute do areal por parte dos veciños e retomáronse despois do verán, rematando en datas recentes.
O proxecto consistiu en evitar os continuos desprendementos de árbores e terra dos taúdes sobre os usuarios da praia, así como a mellora das condicións de accesibilidade rodada e a pé ao areal. As primeiras intervencións desenvoltas consistiron na mellora da seguridade dos usuarios mediante a eliminación das árbores inestables e perigosas situadas ao carón do areal. Tamén se executou a demolición duns antigos muros de formigón en mal estado e levouse a cabo a construcción de novos muros. Con esta solución, incrementáronse os espazos púbricos do areal en 220 metros cadrados de solárium de praia. Ao mesmo tempo, habilitouse unha tarima de madeira con zona de duchas, para permitir deste xeito un uso sostible do espazo gañado de praia en condicións de seguridade.
Na segunda fase procedeuse á canalización do río coa construcción de elementos que evitan a acción erosiva sobre o areal na praia. Na zona da desembocadura do río, a canalización levouse a cabo mediante unha pantalla vexetal de piñeiro. Na parte superior, acondicionouse o encoró existente mediante a retirada de restos vexetais e lixo. A maiores, impermeabilizouse o encoró para restaurar o réxime hidráulico, dotándoo de vexetación similar ao entorno. Sobre a canle da praia, acondicionouse unha pequena ponte para facer máis cómodo o tránsito de veciñas e veciños.
Pola súa banda, a actuación en Río Sandeo tamén inclue a mellora dos accesos á praia tanto de vehículos como de peóns. Deste xeito acondicionouse o acceso con pavimentos e posibilitando o uso ocasional do marxe dereito como aparcamento para 25 ou 30 vehículos (de características de turismo). Na zona inferior, habilitáronse 12 prazas de aparcamento e un área de maniobra para evitar colapsos e retencións de vehículos. O acceso á praia realízase a través dunha rampa mixta (escaleira peonil e rampa), construida con pezas de granito para mellorar a adherencia, que permite o acceso á praia tanto de peóns como de vehículos de limpeza.
Na terceira fase, procedeuse á integración e mimetismo destas actuacións co entorno, coa colocación de xardineiras perimetrais de madeira para integrar os muros coa paisaxe. Ao mesmo tempo, construíuse catro niveis de pantallas vexetais en madeira de similar tonalidade á xeografía. No terreo colindante prantáronse árbores autóctonos propios da vexetación de ribeira. Tamén se integrou a través dunha pantalla xigante vexetal un depósito para dotar de auga ás duchas.
O alcalde de Fene Iván Puentes destacou que este investimento en Rio Sandeo “ é a actuación máis importante que se leva a cabo en Limodre nos últimos 20 anos”. O rexedor fenés apuntou que “hoxe é un día importante para a parroquia de Limodre, para os seus veciños e para todos os cidadáns e habitantes de Fene e a comarca xa que recuperamos un areal con servizos do século XXI nun entorno privilexiado como é a costa de Limodre en Fene e de Redes en Ares”.
O alcalde lembrou que o Goberno de España investiu arredor de 16 millóns de euros en distintos proxectos ao longo dos últimos 4 anos de Goberno en Fene. Puentes amosouse contento despois de meses de obras e de molestias por mor desta actuación. O alcalde recalcou que “finalmente valeu a pena”
Álbum de fotos del acto
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario