O Concello de Fene renovou o alumeado eléctrico na estrada do peirao e na estrada da ribeira con cargo ao plan E de investimento local
O novo sistema presenta reductores de fluxo, baixo consumo e cumplen a normativa europea sobre iluminación ambiental
O novo sistema presenta reductores de fluxo, baixo consumo e cumplen a normativa europea sobre iluminación ambiental
O Concello de Fene renovou todo o sistema de alumeado público das ruas do peirao de Maniños, a estrada da ribeira, tamén en Maniños e a rúa Unión pertencente a esta parroquia. A renovación incluiu as farolas, as luminarias e o sistema eléctrico. Concretamente na estrada da ribeira de Maniños que vai dende o cruce da parroquia ata a ribeira colocáronse 67 luminarias cun orzamento que pasa dos 100.000 euros. Na rúa Unión, tamén da parroquia de Maniños instaláronse 32 luminarias cun orzamento de arredor dos 50.000 euros mentres que na zona do Campanario na parroquia de Limodre a actuación da renovación do alumeado afectou a un total de 73 luminarias instaladas cun orzamento de máis de 100.000 euros.
O novo sistema eléctrico que acompaña as novas farolas e luminarias presenta melloras concebidas conforme ao regulamento de Eficiencia Enerxética en instalación de alumeado exterior, tanto no que respecta aos niveis de iluminación como os equipos instalados entre os que cabe destacar lámparas de elevada eficacia luminosa, alto rendemento e baixo custe, con sistemas de encendido automático, apagado e regulación do nível luminoso centralizados que permiten adaptar o nível de luz ás necesidades do momento. Deste xeito o novo sistema cumple a normativa da Unión Europea no que respecta ao lumeado público.
O alcalde Iván Puentes destaca o esforzó de investimento público na renovación do alumeado da parroquia de Maniños. O rexedor afirma que “se investiron máis de 250.000 euros en mellores do alumeado, con mellor rendemento e a máis baixo custe. Con este investimento, as veciñas e veciños de Maniños disporán de alumeado público de calidade en tres rúas importantes da parroquia como son as rúas do peirao e a rúa Unión”. Puentes síntese satisfeito desta obra e de solucionar un problema de alumeado que existía nesta zona do municipio fenés.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario