sábado, 5 de marzo de 2011

O Concello organiza unha viaxe pola “ruta da auga” en Guitiriz



A viaxe celebrarase o domingo 13 de marzo e o seu prezo ascende a 18 euros, xantar incluido

Os participantes percorrerán a ruta da auga de 6 quilómetros



O Concello de Fene a través da súa Concellería de Medio Ambiente organiza unha viaxe a “Ruta da Auga” no Concello de Guitiriz con motivo do día mundial da auga 2011. Os participantes chegarán a Guitiriz arredor das nove e media da mañá onde serán recibidos pola técnica de turismo Olga Vázquez. Realizarase unha visita á igrexa de Santa María, ao reloxo analemático e a esquina da infancia. As dez e media da mañá comezará a ruta da auga dende San Alberto hasta Parga, percorrendo unha distancia de 6 quilómetros e 50 metros. Neste tramo farase unha pequena parada para visitar a fonte de Valdovín, a primeira das fontes mineiro-mediciñais que se atopa na ruta. Logo de chegar a Parga, visitarase a feira da localidade luguesa. Ás 13.00 horas producirase a saída de Parga para Guitiriz cun tramo que ten unha distancia de aproximadamente 8 quilómetros. As tres da tarde está prevista a chegada ao hotel Balneario de Guitiriz e ás cinco da tarde sairase cara a Pardiñas para chegar ao final da ruta prevista. O prezo da viaxe é de 18 euros e o prezo inclue tamén o xantar. Para máis información e reservas pódese chamar ao teléfono 981-492707.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario