O Concello de Fene pecha as súas contas do 2010 cun superavit de 105.746 euros e cunha liquidez de 500.649 euros
O nível de endebedamento é do 30,96%, inferior ao 110% recollido como máximo na lei
O alcalde destaca o gran esforzo de xestión do actual goberno para presentar unhas contas tan boas nun momento de crise
O nível de endebedamento é do 30,96%, inferior ao 110% recollido como máximo na lei
O alcalde destaca o gran esforzo de xestión do actual goberno para presentar unhas contas tan boas nun momento de crise
A concellería de Facenda do Concello de Fene que dirixe Manuel Angel Rodríguez Carballeira-Lalán e o Alcalde de Fene Iván Puentes resaltan as boas cifras da liquidación do exercizo 2010, facilitadas pola Intervención do Concello de Fene. O máis destacado das contas do pasado ano está no peche con superavit do exercizo económico. A cantidade é testimonial pero ilustrativa da boa xestión dos recursos públicos e financeiros do Concello en tempo de crise. O alcalde resalta a boa xestión nos gastos xerais do Concello e o mantenemento dos servizos sociais e axudas que o Concello presta á poboación.
Iván Puentes destaca a débeda acumulada que ronda o 30% moi inferior ao 110% permitido como máximo pola lei. O rexedor destaca esta porcentaxe de débeda como resultado dunha política de contención do gasto e de discreción na solicitude de créditos financeiros. Puentes resalta que “non se pediron creditos financeiros nestes catro anos para facer frente a gastos xerais senon que se pediron para actuacións concretas de investimentos”
Nas contas do 2010 destacamos que os pagos totais ascenden a 993.607 euros mentres que as obrigas pendentes de pago a 31 de decembro ascenderon a 103.113 euros. Deste xeito no resultado orzamentario total, os ingresos ascendian a 11.240.758 euros mentres que as obrigas foron de 10.768.909 euros. Deste xeito o resultado orzamentario despois do axuste ascende a 105.746 euros de superavit.
Ademáis o Concello de Fene remata o exercizo con liquidez en tesoureria. Deste xeito o diñeiro liquido disponible é de 500.649 euros. Iván Puentes destaca que “este diñeiro adicarase a reducir a débeda municipal con proveedores pendentes de pago”. Arredor do 16% das facturas están pendentes de pago, apunta o concelleiro de facenda.
.
Agora resulta que "aforramos" non pagando facturas. Pois non sei que pensaran os provedores que están sen cobrar.
ResponderEliminarQue paguen xa!!!