Coa chegada da primavera a concellería de Servizos organiza un programa de rebacheo de estradas, camiños e vieiros ao longo do termo municipial. Asi o delegado de Servizos José Antonio López informa que se adquiriron 5.000 quilos de aglomerado asfáltico en quente para o plan de rebacheo que englobará todo o municipio. “Búscase a chegada do bo tempo para permitir unha mellor adherencia do material no parcheado”. O edil de servizos recalca que a partir desta semana o persoal do Concello iniciará o proceso de desbroce de beiras e pistas do termo municipal. Nun principio estas tarefas realizaranse durantes as mañás e a partir de maio e durante os meses de xuño e xullo procederase tamén ao desbroce durante a tarde.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario