O alcalde de Fene Iván Puentes solicitou no mes de setembro unha entrevista con Agustín Hernández para retomar o proxecto de abastecemento de auga a Magalofes
O Concello de Fene financiará parte da obra cunha partida de 180.000 euros aprobada no 2010 repartidos en catro anualidades de 45.000 euros. O rexedor fenés espera que a Xunta se comprometa a facer frente ao resto do proxecto e que se deixe de disculpas
O alcalde espera o apoio do PP de Fene a esta obra e que facilite que a Xunta se comprometa a traer auga a Magalofes. O proxecto inclue o abastecemento de auga a Magalofes e o abastecemento e saneamento de fecais en San Marcos e outros núcleos rurais de Sillobre
O Goberno de Fene e os representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal acordaron xunto coas Asociacións de Veciños San Ramón de Sillobre, San Marcos e San Xurxo de Magalofes enviar un escrito ao conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia Agustín Hernández onde se lle solicitou que teña a ben iniciar canto antes o procedemento preciso para a licitación e execución destas obras prioritarias e urxentes para as veciñas e os veciños destes lugares de Fene. Isto ocurriu no mes de setembro.
Dende aquela a Xunta de Galicia e concretamente a Consellería de Medio Ambiente esquenceuse de Fene e particularmente das veciñas e os veciños de Magalofes, San Marcos e Sillobre. O alcalde de Fene Iván Puentes mantivo hai máis dun ano unha xuntanza co propio responsable da Consellería de Medio Ambiente para ver as posibilidades de relanzar o proxecto. Agustín Hernández emprazou ao Concello a estudar formulas de cofinanciamento como requisito previo para retomar o tema por parte da Xunta de Galicia. O Concello de Fene aprobou no seu documento de orzamentos para o 2010 a posibilidade dunha dotación económica para esta obra.
Deste xeito está previsto un investimento de 180.000 euros aportados en catro anualidades de 45.000 euros. Ademáis o Concello tamén contribue co financiamento do estudo dos proxectos, a compra ou cesión dos terreos precisos e, no caso do abastecemento de Magalofes, o desdobre da canalización nun dos lados da estrada provincial pola que discorre a rede principal, así como a distribución capilar posterior ás diferentes vivendas da parroquia.
Iván Puentes espera que, por fin, a Xunta de Galicia asuma as suas responsabilidades coas veciñas e veciños de Galicia e particularmente de Fene. O rexedor fenés lamenta que o presidente da Xunta de Galicia só visite Fene para actos electorais do seu partido e non para visitar a Casa do Concello e falar con Iván Puentes do que de verdade lle preocupa aos nosos veciños e veciñas, as moitas actuacións que o Goberno Galego ten pendentes en Fene desde que gobernan os populares.
Dispoñiblidade de terreos
A respecto das informacións terxiversadas do PP de Fene afirmando que o Concello non conta cos terreos previstos para facer as obras, o Goberno Municipal de Fene aclara que ten á súa disposición de modo efectivo o 100% dos terreos necesarios, porque existe acordo cos propietarios dos mesmos. Simplemente faltan por escriturar no Rexistro da Propiedade dúas parcelas por diversas dificultades que presentaban as escrituras de propiedade.
En todo caso, a dispoñibilidade de terreos non é impedimento para que a Xunta poda confirmarlle ao concello a súa vontade de facer as obras e asinar o oportuno convenio. É máis, o proceso é a inversa do que sinala o PP de Fene, primeiro Xunta e Concello asinarían un convenio polo cal a Xunta financiaría parte da obra e o Concello financiaría a outra parte e logo este poría os terreos a disposición da Xunta para que se puidesen contratar os traballos. O que o PP de Fene pide é que Fene lle regale á Xunta uns terreos sen saber se se fará a obra ou non, algo que obviamente non fará o Goberno Municipal porque sería regalar cartos dos veciños e veciñas a cambio de nada.
.
Cantas mentiriñas contas, perop xa non cola.
ResponderEliminarSr Alcalde dediquese a las bodas, bautizos y comuniones que esto le va muy grande.
ResponderEliminar