miércoles, 30 de marzo de 2011

O alcalde respalda e a apoia a protesta do vicepatrón maior da Confraría de Barallobre

O rexedor espera que a Xunta amose sensibilidade humán e faga xa os pagos pendentes

O alcalde afirma que lle trasladou ao grupo parlamentario autonómico socialista a situación para trasladar este tema ao parlamento galego

O alcalde de Fene Iván Puentes respalda e apoia a movilización do vicepatrón maior da Confraría de Pescadores de Barallobre Manuel Bañobre que acampa por segundo día consecutivo ao carón da porta de entrada en protesta polos retrasos nos pagos pendentes no pósito fenés. Bañobre anunciou onte o inicio dunha folga de fame ata que a Xunta de Galicia faga efectivos os pagos que se deben. O Goberno Galego xustifica este retraso por problemas de tesoureria. O alcalde de Fene Iván Puentes afirmou que a Xunta de Galicia e o Partido Popular deben ser máis sensibles ás demandas dos mariscadores e dos pescadores feneses e criticou a actitude dos responsabeis da Consellería do Mar que “ningunearon” e continuan facendoo aos homes e mulleres da mar. O rexedor fenés adiantou que o grupo parlamentario socialista levará esta problemática ao parlamento galego e poderá explicacións á Xunta de Galicia.

.

1 comentario: