viernes, 11 de marzo de 2011

Exposición Centenario do Ferrocarril. Historia e Patrimonio en Fene


O alcalde de Fene, Iván Puentes Rivera, presentou hoxe en rolda de prensa a “Exposición Centenario do Ferrocarril. Historia e Patrimonio“que poderá visitarse dende o día 15 e ata o 31 de marzo na Casa da Cultura do Concello de Fene, organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril (AFAF), con motivo do centenario da entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol.

Para commerorar o 5 de maio de 1913, creouse un comité formado polo concellos polos que discorre a liña e AFAF coa fin de programar actos conmemorativos coma é o caso de esta exposición itinerante que xa estivo en Betanzos e Narón.

Representando á Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril, estiveron na rolda de prensa o seu presidente, Manuel Salvador del Río e o secretario, Armando Lema, que explicaron o contido da exposición. Inclúe material histórico, unha proxección sobre o ferrocarril para explicar como foi o funcionamento do vapor e como se traballaba antigamente, fotografías dende 1896 ata a actualidade, e outro material, polo que se trata dunha retrospectiva da historia do ferrocarril entre Betanzos e Ferrol.

A exposición poderá visitarse de balde no seguinte horario:

Dende o día 15 ata o 31 de marzo de 2011.
  • Mañás: de luns a sábado de 10 a 13 horas
  • Tardes: de luns a venres de 16 a 21 horas.

Dende a área de promoción económica estanse a programar visitas guiadas para colexios, asociacións ou colectivos interesados en asistir. Para reservar cita ou consultar calquera dúbida, pódese chamar ao número de teléfono 981 49 27 67(extensión 2238)

A Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril fai un chamamento á cidadanía que poida ter obxectos ou material fotográfico para incluír na exposición que terá lugar o día do Centenario en Ferrol.

.

1 comentario:

  1. Está ben isto de conmemorar o tren, pero para cando un tren normal que vaia a Coruña desde Perlio en 30' que é ir a 90 KM/H. Non é o AVE, pero o de agora é pior que en 1970 que ía en 60'

    ResponderEliminar