O presidente da Deputación Provincial de A Coruña Salvador Fernández Moreda e o Alcalde Iván Puentes realizarán declaracións despois da reinauguración e apertura do pavillón de O Ramo de Barallobre. Fdez Moreda e Iván Puentes chegarán ás 17.00 horas á instalación deportiva. Acompañarán aos dirixentes o Goberno de Fene e os concelleiros da Corporación Municipal. Descubrirase unha placa como lembranza e Fdez Moreda realizará o saque de honra do partido de fútbol sala entre o Begasucegsa Unidade de Fene e o Parrulo Ferrol.
O partido de Fútbol Sala servirá como acto central de inauguración asi como a exhibición de ximnasia rítmica das nenas da escola municipal
Sortearanse agasallos entre o público participante. A entrada é gratuita
Mañán sábado será un día grande para o Concello de Fene, afirma o rexedor fenés Iván Puentes. As 17.00 horas comezarán os actos de reapertura do pavillón polideportivo de O Ramo de Barallobre. A infraestructura estivo pechada estes anos xa que se lle trocou a pista deteriorada polo uso e polo tempo e tamén se realizaron obras de acondicionamento da instalación deportiva. A actuación realizouse con fondos da Deputación Provincial de A Coruña.
Ao final do acto celebrarase un sorteo de agasallos entre o público asistente. Agasallos cedidos pola empresa “Marvi” que colabora neste acto. A entrada ao recinto é gratuita e no acceso entregarase unha rifa, tamén gratuita, para participar no citado sorteo.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario