viernes, 4 de febrero de 2011

Convocatoria de Prensa

O ministro de Fomento José Blanco e o alcalde de Fene Iván Puentes asinarán a documentación co que se inicia o proceso de licitación dos pasos de peóns na vía férrea en Perlío. O acto comezará ás 12.00 horas na sede da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña.

A partir da sinatura de mañán iniciarase o proceso para a licitación o peche e a construcción dos pasos. Hai un mes e medio os técnicos de adif e o propio Concello de Fene reuníronse coa intención de rematar canto antes os proxectos respectivos desta actuación e deste xeito, continuar co procedemento de adxudicar xa as obras. Os proxectos xa están rematados e redactados polo equipo técnico.

Dende o inicio do actual mandato, o alcalde Iván Puentes marcouse como prioritaria a realización desta obra, unha das actuacións máis demandadas polas veciñas e os veciños de Fene. Dende a chegada á alcaldía, Puentes xa mantivo numerosas reunións, que tiveron o seu cumio coa visita do ministro de Fomento José Blanco a pasada primavera a Fene. Nesta visita, o ministro comprometeuse á financiación das obras e, polo tanto, asinou un convenio mediante o cal o Ministerio de Fomento asume a construcción destes pasos e a renovación de todo o peche perímetral da vía co fin de reducir o seu impacto e aumentar a integración da vía férrea no centro urbán de Fene e darlle, deste xeito, máis seguridade ás veciñas e os veciños que transitan a diario entres estas zonas.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario