O alcalde agradece a Aurelio Martínez a súa xestión e a súa preocupación pola factoria de Fene e destaca as excelentes relacións co Concello
A cesión do bloque 1 de S. Valentín, os terreos do aparcamento da escola da Torre de Perlío e o retranqueo do peche perimetral da factoria foron xestións solicitadas polo Concello e materializadas
O alcalde de Fene Iván Puentes solicita unha reunión co novo conselleiro-delegado de Navantia Luis Cacho que sustitue no cargo a Aurelio Martínez, que dirixirá as Loterias e Apostas do Estado. Puentes quere analizar co novo responsable o novo rumbo da empresa pública e trasladarlle as necesidades específicas que ten a factoria de Perlío de Navantía Fene.
Ademáis, o rexedor fenés quere expresar públicamente o seu agradecemento a Aurelio Martínez polo seu brillante labor na xestión da compañía que no caso de Fene se materializou coa creación dunha nova liña de producción no estaleiro. Navantia prevee potenciar as suas factorías de Puerto Real en Cádiz e de Fene na Coruña na producción eólica mariña. Os campos de producción eólica previstos no Mar do Norte e tamén en España necesitan de grandes superficies industriais para a fabricación das plataformas que se ubicarán no mar e Navantia conta con estas instalacións en Puerto Real e tamén en Fene.
Así a compañía española recibiu a representantes de empresas españolas interesadas no sector como é o caso de Iberdrola, ACS e Acciona e tamén empresas europeas. Aurelio Martínez pensaba asinar xa este ano algún acordó para potenciar estas duas factorías de Puerto Real e Fene. Hai uns días o xa ex presidente de Navantia afirmaba nun diario económico que “Si firmamos con cualquiera de las empresas con las que estamos en negociaciones un convenio de producción en los próximos meses para cualquiera de nuestros centros, será un éxito. Porque es una actividad que tiene un horizonte de 20, 25 o 30 años y garantiza el trabajo en esas plantas” destacaba Aurelio Martínez. A eólica mariña exise plataformas para os aeroxeneradores, así como barcos que transporten, posicionen e reparen as instalacións no mar, prototipos, torres de medición, redes de tendido, entre outras multiples necesidades. A diversificación da producción non significa renunciar ao mercado tradicional da construcción de buques militares, avanzaba o propio Aurelio Martínez hai uns meses en Ferrol.
Para O Concello de Fene a presidencia de Aurelio Martínez significo a firma de importantes acordos e a concreción de accións destacadas para o progreso de Fene como municipio e para o incremento da calidade de vida das fenesas e dos feneses. Baixo a presidencia de Aurelio Martínez asinouse o convenio para a cesión ao Concello fenés dos baixos do bloque 1 de San Valentín onde o Goberno de Fene está a construir a nova sede dos Servizos Sociais Municipais. Outro dos convenios asinados foi a cesión ao Concello de Fene dos terreos situados nas inmediacións da escola infantil de A Torre (Perlío) onde estamos construíndo unha zona de aparcamento para este centro de ensino e tamén a sinatura dun terceiro convenio mediante o cal se autoriza ao Concello e ao Ministerio de Medio Ambiente a derrivar e retranquear todo o peche perimetral do estaleiro en Fene para a construcción dunha senda peoníl marítima que percorrerá toda a costa de Fene dende San Valentín ata Maniños.
O alcalde de Fene Iván Puentes espera que a nova etapa que se abre con Luis Cacho sexa tamén intensa, fluída e tan positiva e constructiva como a vivida con Aurelio Martínez.
Menuda trapallada."Felicitarnos por la maravillosa gestión de Aurelio Martínez".
ResponderEliminarCon 1000 personas,donde podía haber 4000 o 5000 donde ya no entra ni un solo aprendiz....
menudo desastre.
Digo eu, ás eolicas mariñas lles van poñer canons, porque ASTANO so pode construir militar hasta 2015. Disque.
ResponderEliminara eólica mariña é un bluffff, xa que o estado non ten control algún das electricas e non vai ser o ministro o que lle diga a endesa ou hiberdrola onde teñen que gastar os cartos, máis ben é ao revés, fai o decreto do carbón e nos suben a luz un 11% para pagar o sobre custe do carbón de león e asturias.Desde o punto de vista técnico ASTANO podería contruir "cousas" que non sexan barcos. O preblema que o pacto de ZP na UE foi tan "cabrón" que unha plataforma petrolífera se conta con capacidade de desprazamento propia é un barco, co cal ..... as limitacións son moi grandes.
ResponderEliminar