Salvador Fernández Moreda recorda que neste mandato a Deputación investiu en instalacións deportivas en Fene 725.000 euros
Puentes destaca o esforzo inversor e de xestión do actual mandato en infraestructuras para Fene e califica estes catro anos como un dos periodos de máis investimento da democracia
Puentes destaca o esforzo inversor e de xestión do actual mandato en infraestructuras para Fene e califica estes catro anos como un dos periodos de máis investimento da democracia
Hoxe é un día grande para Fene apunta o alcalde Iván Puentes despois de asinar pola mañá os documentos que abren o proceso de licitación e de inicio das obras dos pasos de peóns do ferrocarril e a senda marítima de Fene e tamén porque esta tarde reábrese de novo o pavillón polideportivo de O Ramo de Barallobre, o primeiro pavillón cuberto na historia municipal de Fene. O Alcalde e o Presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda acompañados do vicepresidente da Deputación Pablo Villamar e da Corporación Municipal descubriron a placa de lembranza do acto e nas súas palabras destacaron o esforzo inversor da Deputación en Fene.
Fernández Moreda destacou que o ente provincial investiu un total de 725.000 euros en infraestructuras de deportes nos últimos catro anos de mandato de Iván Puentes. O Alcalde lembrou este mandato como un dos periodos de catro anos de máis e mellor xestión na historia da democracia en Fene.
Agradeceu a reforma do pavillón e destacou algunhas das actuacións previstas como a reforma do campo de fútbol de Os Pinares coa construcción dos vestiarios, a titularidade municipal, as reformas do pavillón de A Xunqueira de San Valentín e doutras infraestructuras deportivas.
Puentes afirmou que se entrega este pavillón ás veciñas e aos veciños de Fene coa intención de mellorar a calidade de vida dos cidadáns feneses e intensificar a práctica deportiva entre os nosos veciños.
A Deputación Provincial de A Coruña investiu 100.000 euros no acondicionamento da pista polideportivo do pavillón. A colocación de novo aillante, caucho e impermeabilización do novo material da pista. Foron as actuacións máis importantes levadas a cabo. Ademáis, a través do Plan de Cooperación pintouse todo o pavillón tanto por dentro como por fóra así como as gradas. A todo isto súmanse os novos vestiarios da instalación e o cambio da cuberta do pavillón grazas a unha axuda da anterior Xunta de Galicia en mans do PSOE e do BNG.
Un partido de fútbol sala entre o conxunto do Begasucegsa Unidade de Fene e o Parrulo Ferrol e unha exhibición de ximnasía rítmica das/os alumnos da escola municipal son as actividades que serven como inauguración desta nova etapa do polideportivo de O Ramo de Barallobre. O alcalde Iván Puentes e a concelleira de deportes Carmen Silvar entregarán unha lembranza á monitora da escola de ximnasía rítmica así como aos equipos de fútbol sala participantes. Ao remate do encontro e dos actos a Concellería de Cultura e Deportes sorteará unha serie de agasallos entre os participantes.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario